Asistiron ó acto, que comezou ás 11:15 horas, en representación da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, O Vicepresidente, José J. Durán e o Deputado de Deportes. Por parte do Concello estivo presente á alcaldesa, o goberno local, e tamén á oposición cos cinco representantes do BNG.
Tamén estiveron presentes o presidente de Extrugasa, Andrés Quintá, o alcalde de Valga, Bello Maneiro a presidenta do Pontecesures C.F., Conchi Gómez Figueira e representantes en Santiago da Federación Galega de Fútbol.
Hai que salientar en que ademáis da instalación de herba artificial no terreo, colocáronse cadeiras na tribuna, acondicionouse todo o muro perimetral con substitución da vella rede en varias zonas, arranxáronse os vestiarios, colocouse un marcador e pavimentáronse as zonas próximas ó campo de xogo. Así a impresión era de que estabamos diante dunha instalación practicamente nova.
No acto foi descuberta unha placa conmemorativa situada nas proximidades dos vestiarios e no centro do campo houbo intervencións da alcaldesa, Maribel Castro e do presidente provincial. Deportistas, pais/nais, directivos e público en xeral mostraron a súa satisfacción por contar en Pontecesures con estas modernas instalacións para fomentar a práctica deportiva.
A institución provincial entregou ó remate do acto, bolsas de deportes cun balón a tódolos xogadores do Pontecesures C.F. e do Joyería Riveiro de fútbol veterano. Os deportistas estaban no propio terreo de xogo e foron recibindo un a un estes agasallos.