Promoción da Praza de Abastos de Pontecesures. Campaña PRESUME DE PRACEIRO/RA.

cartel praza 2013

A Praza de Abastos de Pontecesures súmase a  campaña  “Presume de praceiro/a” organizada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta.  Esta é unha iniciativa de promoción de este espazo público dirixida, tanto á clientela, como aos profesionais dos postos. Esta campaña, que comezou o 18 de marzo e remata o 3 de maio, busca poñer en valor a profesionalidade e o bo facer dos profesionais que traballan no nosos mercados.

PRACEIRO 2013

Nesta nova edición, destínanse 300 euros en vales de compra en sendos sorteos. Os clientes poderán votar ao que consideren mellor vendedor da Praza de Abastos, que será distinguido nun acto da consellería xunto ao resto dos finalistas doutras prazas de Galicia. Entre os votos emitidos polos clientes, realizaranse dous sorteos, un o 12 de abril e outro o 3 de maio. En ámbolos dous sacaranse tres boletos que resultarán premiados con vales de compra canxeables na propia praza de Abastos de Pontecesures por valor de 75, 50 e 25 euros respectivamente.

Nota sobre as aclaracións do PP sobre a Mesa Local de Comercio.

Dende o goberno municipal de Pontecesures queremos facer as seguintes aclaracións:

O PP de Pontecesures volve a deixar en evidencia de que non se entera de nada.

-As reunións da mesa local de comercio son de carácter anual. Non estaba fora de ningún prazo, senón dentro do ano correspondente. Non se celebrou antes porque estivemos esperando a que os representantes, tanto da Xunta como da Asociación de consumidoras, puideran asistir.

-Clandestinidade. Gustaríanos que nos explicasen a que se refiren. Xa que nunha reunión á que están convocados representantes da Xunta, dunha asociación de Consumidoras de Vilagarcía, dos comerciantes de Pontecesures e goberno resulta tan numerosa, que non se pode cualificar como clandestina.

-Toda a información referente a este tema está a súa disposición no Concello.

-Respecto ós postos da Praza de Abastos informámoslle que nos vindeiros días vaise a adxudicar un deles e hai propostas sobre a mesa para outros dous.

Os deberes do goberno municipal están feitos. Convocouse a mesa no seu tempo e forma. Sigue a traballar nas propostas expostas, coma a de revitalizar a praza de abastos, e mandouse a acta correspondente a Xunta de Galicia.

O que lle pedimos o PP de Pontecesures e que se informe antes de facer unha nota onde volven a enganar a cidadanía. Facer oposición sen información chámase manipulación.

Xa estamos a comprobar  nas noticias dos últimos días, que respecto a manipulación, como noutras malas artes, son verdadeiros expertos.

Aclaracións do grupo municipal do Partido Popular de Pontecesures referente á convocatoria da Mesa Local do Comercio.

Coñecida por medio da prensa escrita a convocatoria da Mesa Local do Comercio de Pontecesures o pasado 19 de decembro, e donde se acusaba ó concelleiro do Partido Popular, Vidal Seage de enganar á cidadanía, este concelleiro desexa expoñer o seguinte:

a) A nova na prensa fai referencia, segundo o seu titular, a “??Buscan ??emprendedores? para cuatro puestos vacíos de la plaza?” aludindo a que esta foi unha das iniciativas que se adoptaron na celebración da devandita reunión da Mesa Local do Comercio celebrada, segundo a nota de prensa, o pasado 19 de decembro.
Pois decir que, a xuizo do que isto escribe, mal empezamos cando publicamos a necesidade de ??emprendedores? un mes máis tarde da toma desa decisión da mencionada mesa local, e motivada pola nota de prensa do grupo popular.
Da a sensación de que se tratara dunha ??reunión clandestina?, cando o que se debera ter feito é darlle a máxima difusión ás conclusións que se adoptaron, e, como é o caso, informar de postos baleiros na praza de abastos por se algún comerciante estivese interesado en ocupalo, ou senón ¿cómo tiñan pensado que eses ??emprendedores? se deran conta..?.
Xa nos ten acostumbrado este equipo de goberno da súa suficiencia á hora de implementar medidas ??per se? prescincindo de calquera aportación que, con máis ou menos acerto, lles poida dar a oposición; o que resulta xa máis insólito é que non se faga publicidade de ningún tipo destas convocatorias nin das conclusións e medidas encamiñadas a mellorar o comercio na nosa vila.

b)No referente á ??enganar á cidadanía?, decir que a Mesa Local do Comercio constituiuse o pasado 6 de novembro de 2011, debendo, seguundo o texto legal, convocarse antes do 6 de novembro de 2012.
Pois ben; pese a ser convocada o 19 de decembro como se recolle na prensa, indicar que afirmar o incumprimento da devandita lei non é enganar a cidadanía, é a constatación de que se convocou con máis dun mes de retraso ao que está legalmente estipulado.

Queda patente, unha vez máis, que o de contar días e prazos non está a ser o forte deste equipo de goberno.

Pontecesures, 18 de Xaneiro de 2013

Juan Manuel Vidal Seage

Voceiro Grupo Municipal PP.

Pontecesures recolle tapóns para Pablo.

A entrega pode facerse en instalacións municipais e establecementos adheridos

O Concello de Pontecesures forma parte a rede de recollida e tapóns e apoio á familia de Pablo González Castelao, un neno de 11 anos de Pazos (Padrón), que padece distrofia muscular tipo Duchenne ??unha enfermidade dexenerativa sen cura??, ademais de osteoporose avanzada.

O obxectivo da campaña é recoller tapóns de plástico para a súa reciclaxe, como xa se fixo noutras convocatorias, para adquirir unha cadeira de rodas eléctrica, unha grúa e un baño adaptado para levar unha vida mellor. O custo elévase a 30.000 ?, unha cantidade que a familia non pode afrontar.

Con este fin, habilitaranse puntos de recollida na Casa do Concello, colexio, escola infantil, Praza de Abastos e en todos aqueles establecementos da vila que o soliciten.