A Unidade Móbil de Transfusión de Sangue, estará mañá día 26 no Espolón, diante da Praza de Abastos, de 10 a 14, e de 16 a 21 horas.
Sociedade
O venres día 17 de xullo, excursión do grupo «Algueirada» ao parque acuático de Cerceda.
A expedición deste grupo folclórico cesureño saírá o venres día 17 de xullo dende a parte traseira da praza de abastos de Pontecesures para pasar un día de lecer no parque acuático de Cerceda.
Nun principio a excursión ía ter lugar mañá xoves, pero aprazouse un día, xa que os prognósticos meteorolóxicos son de choiva para o día 16 de xullo.
Concello
Mañá día 23 de xuño, doazóns de sangue en Pontecesures.
A unidade móbil para as extracións estará situada, esta vez, no lateral do edificio da praza de abastos de Pontecesures (onde se colocan os taboleiros electorais), xa que a praza do Coche de Pedra está en obras.
O horario no que estará operativa a unidade é de 10 a 14 horas, e de 16 a 21.
Concello
Contestación do goberno local sobre as acusacións do BNG relacionadas con Fegaclasic.
NOTA DO GOBERNO LOCAL DE PONTECESURES CONTESTANDO AO BNG DE PONTECESURES EN RELACI?N CON FEGACLASIC.
Queremos contestar o seguinte:
1. Á rolda de prensa de presentación da feira asisteu o concelleiro de cultura. Ao acto inaugural asistiron o 1º tenente de alcalde e o concelleiro de cultura.
2. O concello colaborou coa feira dos días 16 e 17 de maio coa Policia Local (afrontou, naturalmente, o custo do pago ao personal por traballos fóra do seu horario ordinario), con Protección Civil, poñendo á disposición dos organizadores un pedestal de titularidade municipal para a súa colocación no recinto, e incluso permitindo, o día 17 alimentar, dunha instalación pública uns xogos inchables que estiveron nos terreos da feira. Por certo, o pedestal aínda non foi devolto á súa lugar de orixe.
3. Os baños da praza de abastos, próxima á feira, foron abertos en xornada de mañá. Pola tarde pecháronse pois a organización negouse a facerse responsable das instalacións, desentendéndose das súas obrigas en canto a conservación ou salubridade.
4. O concello curtou o tráfico, como se solicitou pola organización, na rúa Sagasta. O domingo non se fixo, pois así o dispuxo ??Mirándolle os Dentes?. O mesmo domingo solicitouse á Policía Local que se curtara o tráfico en San Lois perante unha breve cerimonia no monumento do ??Coche de Pedra?. A policía accedeu sen intervir membro algún do goberno local, pero, ao parecer, pola densidade de tráfico e por unha colisión, a intercepción dos vehículos demorouse e o acto retrasouse un pouco. Lamentamos o sucedido pero non houbo intencionalidade para prexudicar ou afear a cerimonia.
5. No pleno ordinario do día 25 dárase todo tipo de información sobre estas cuestións, podendo consultar todos os documentos os concelleiros e os veciños de Pontecesures. Dende logo non se voltará a recorrir ao Valedor do Pobo para consultar documentación como nos tempos de Álvarez Angueira, felizmente superados.
6. Nin prexodicou nin torpedeou Fegaclasic o goberno local. Os nacionalistas cesureños tratan de sacar tallada promovendo a confusión e predispoñendo aos organizadores contra o concello. Eles saberán ó porque deste escoramento tan descarado. Dende logo quedou moi claro de que parte están. Defendendo os intereses municipais por suposto que non
Pontecesures, 22 de maio de 2009.
Política
Mañá pola noite comeza a campaña electoral das europeas.
Ás 00:00 horas do venres día 22 de maio, comeza a campaña electoral das eleccións para o Parlamento Europeo do día 7 de xuño.
En Pontecesures os taboleiros oficiais para a pegada de carteis esttarán situados, coma sempre, no lateral da praza de abastos.
Curiosidades
A mesa do Souto.
Tralo paseo do Espolón e fronte a praza de abastos de Padrón, se ofrece o amplo espazo do antigo Souto do Rei, no que coa reconversión sofrida da cabida hoxe a una serie de entidades tales como o Centro de Saúde, Pavillón, Piscina, Centro Social e Auditorio, etc.. concentrando co mercado dos domingos, a maior actividade e desenvolvemento da vida padronesa.
Pero non é do Souto actual sobradamente coñecido por todos, do que queremos falar aquí, senón que pensando máis ben nos xoves e forasteiros, naquel Souto de antes, tempos idos, nos que baixo a sombra da vella carballeira se reunían centos de feireantes ou gandeiros coas reses vacinas ou cabalares, que os días oito, vinte e vintesete, as máis importantes, coa cabalar de ano na Pascua, aparte, única que aínda segue celebrándose aquí tiñan lugar. E tamén por outra banda, sinalar ao fondo, aquel maxestuoso eucaliptal que amén baixo o verde céspede que servía de ocio e «relax», así coma de «cámping», significaba una forte e importante defensa para o casco urbano contra os temporais dos vendavais ou fortes ventos do Sar.
Pois aquelas feiras trascendían o seu interese máis alá das fronteiras rexionais, coma continúa ocorrendo con equina de Pascoa aínda hoxe en día.
E no medio de aquel «maremagnun» de gando e gandeiros, campesiños, vendedores e compradores que en cada feira de Padrón aquí se daban cita, había unha ampla Messa de pedra con longos asentos a ámbolos dous aldos, do mesmo material, que facía o oficio de descanso e de parlamento onde se levaban a cabo moitas das operacións de compra e venda dos feireantes, que como era costume solían «rubricarse» co consabido apretón de mans.
Aparte, a fama daquela Mesa deu lugar a unha curiosa anécdota entre os padroneses, de tal forma de que cando algún amigo se poñía demasiado pesado en calquera tipo de comentario ou discusión, se lle acostumaba lle decir: «Mira, vaite sentar á Mesa do Souto…..»
Artigo de J. Castro Cajaraville (Libro da Pascua de Padrón).