Ás 00:00 horas do venres día 22 de maio, comeza a campaña electoral das eleccións para o Parlamento Europeo do día 7 de xuño.
En Pontecesures os taboleiros oficiais para a pegada de carteis esttarán situados, coma sempre, no lateral da praza de abastos.
Curiosidades
A mesa do Souto.
Tralo paseo do Espolón e fronte a praza de abastos de Padrón, se ofrece o amplo espazo do antigo Souto do Rei, no que coa reconversión sofrida da cabida hoxe a una serie de entidades tales como o Centro de Saúde, Pavillón, Piscina, Centro Social e Auditorio, etc.. concentrando co mercado dos domingos, a maior actividade e desenvolvemento da vida padronesa.
Pero non é do Souto actual sobradamente coñecido por todos, do que queremos falar aquí, senón que pensando máis ben nos xoves e forasteiros, naquel Souto de antes, tempos idos, nos que baixo a sombra da vella carballeira se reunían centos de feireantes ou gandeiros coas reses vacinas ou cabalares, que os días oito, vinte e vintesete, as máis importantes, coa cabalar de ano na Pascua, aparte, única que aínda segue celebrándose aquí tiñan lugar. E tamén por outra banda, sinalar ao fondo, aquel maxestuoso eucaliptal que amén baixo o verde céspede que servía de ocio e «relax», así coma de «cámping», significaba una forte e importante defensa para o casco urbano contra os temporais dos vendavais ou fortes ventos do Sar.
Pois aquelas feiras trascendían o seu interese máis alá das fronteiras rexionais, coma continúa ocorrendo con equina de Pascoa aínda hoxe en día.
E no medio de aquel «maremagnun» de gando e gandeiros, campesiños, vendedores e compradores que en cada feira de Padrón aquí se daban cita, había unha ampla Messa de pedra con longos asentos a ámbolos dous aldos, do mesmo material, que facía o oficio de descanso e de parlamento onde se levaban a cabo moitas das operacións de compra e venda dos feireantes, que como era costume solían «rubricarse» co consabido apretón de mans.
Aparte, a fama daquela Mesa deu lugar a unha curiosa anécdota entre os padroneses, de tal forma de que cando algún amigo se poñía demasiado pesado en calquera tipo de comentario ou discusión, se lle acostumaba lle decir: «Mira, vaite sentar á Mesa do Souto…..»
Artigo de J. Castro Cajaraville (Libro da Pascua de Padrón).
Concello
A Panadería «Gerardo» gaña o concurso de empanadas de lamprea.
Con asistencia de bastante público celebrouse este concurso de empanadas baixo unha carpa preto da praza de abastos de Pontecesures.
Un xurado de gran prestixio formado por José Luis Baleirón (restaurante Olivo), Jose Antonio Rivera (restaurante Chef Rivera), Paco Vilas (Restaurante Casa Vilas) e o pregoeiro Fernando Cobo, otorgou os seguintes premios:
1º Panadería Gerardo de Pontecesures. 300 euros
2º Isaac Tarrio Abuín de Condide (Pontecesures). 200 euros
3º José Taboada Arís de Poio. 100 euros
Posteriormente servíronse pinchos das empanadas presentadas e doutras lampreas guisadas. Foi un éxito, xa que foron despacharon 167 tickets.
Política
Esta noite comeza a campaña electoral das autonómicas.
Ás 00:00 horas do venres día 13 do mes que andamos comeza a campaña. En Pontecesures colocáronse, coma sempre, os taboleiros a carón da praza de abastos para que as forzas políticas peguen os primeiros carteis.
Educación
«Infesta rachada» mañá en Pontecesures.
Mañá venres, día 12 de outubro, ás 19:00 terá lugar esta festa organizada para recadar fondos para a excusión de remate de curso dos alumnos/as de 4º da ESO do CPI Pontecesures.
A festa será na Prazuela, pero, se chove, celebrarase na Praza de Abastos de Pontecesures.
Por 5 ? ós asistentes poderán degustar empanada, un bolo preñado, refrescos e chocolate. Haberá agasallos sorpresas e música en directo.
Cultura
O grupo cesureño «Algueirada» actúa mañá en Rianxo.
Maña día 16 de setembro, ás 19:30 horas, actuará o grupo folclórico «Algueirada» na praza de Padrón de Rianxo, dentro do programa das Festas da Guadalupe 2008.
Os integrantes do grupo teñen prevista a saída da expedición ás 18:15 horas dende a parte traseira da praza de abastos de Pontecesures.