A Panadería “Gerardo” gaña o concurso de empanadas de lamprea.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Con asistencia de bastante público celebrouse este concurso de empanadas baixo unha carpa preto da praza de abastos de Pontecesures.
Un xurado de gran prestixio formado por José Luis Baleirón (restaurante Olivo), Jose Antonio Rivera (restaurante Chef Rivera), Paco Vilas (Restaurante Casa Vilas) e o pregoeiro Fernando Cobo, otorgou os seguintes premios:

1º Panadería Gerardo de Pontecesures. 300 euros
2º Isaac Tarrio Abuín de Condide (Pontecesures). 200 euros
3º José Taboada Arís de Poio. 100 euros

Posteriormente servíronse pinchos das empanadas presentadas e doutras lampreas guisadas. Foi un éxito, xa que foron despacharon 167 tickets.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.