Programa das festas 2009 da «Virxe dos Anxos» en Carreiras.

Sábado día 3 de xaneiro
-Ás 17:00 horas no campo de fútbol Ramón Diéguez de Pontecesures, partido de futbol de solteiros contra casados.

Sábado día 10 de xaneiro
-Polá mañá bombas de palenque e alborada da charanga Apeles.
-Ás 12:30 horas, Misa Solemne na Igrexa Parroquial cantada polo coro de A Barcarola de Pontecesures.
-Despois, no campo da festa, Poxa de Ramos e sesión vermouth amenizada pola orquestra Pontevedra.
-Pola noite gran verbena coa actuación das orquestras Pontevedra e Suavecito.

Domingo día 11 de xaneiro
-Ás 16:00 haberá no campo da festa colchonetas gratuitas para nenos e maiores da empresa Diverneno.
-Ás 18:00 horas será servida alí a gran chocolatada con churros.
-Ás 19:00 actuará o dúo musical ?bice Capital como remate da festa.

Será instalada unha carpa, e a Comisión agradece a colaboración dos veciños, das casas comerciais, de Radio Valga, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Pontecesures.

O MARTES 23 DE DECEMBRO,A ORQUESTRA CINEMA ESTARÁ EN PALCO DE ESTRELAS DE RADIO VALGA

Este martes 23 de decembro, sobre as 22h., no programa «Palco de Estrelas», dirixido, producido e presentado por Daniel Seijas, estarán varios compoñentes da orquestra Cinema, coma Alberto Dopico, recoñecidisimo vocalista e moi coñecido polo seu papel de «Sito» na serie da TVG «Libro de Familia». Falarase da orquestra, dos cambios e da nova xira 2009.

Hai que recordar,que durante a época de Nadal, o programa emprezará as 20h., e os dous últimos xoves, por ser festivo, o programa adiantarase o martes 23 e martes 30 de decembro, despois do Nadal, no horario de sempre, os xoves dende as 19 horas.

O sábado 20 de decembro, festival de Panxoliñas e Polifonía en Padrón.

Será ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, e participarán a Coral Faberense León, a Coral Polifónica Casino Mugardés e a Coral Polifónica Padronesa.
O evento é organizado por esta última aque agradece a todas as empresas e casas comerciais que coa súa axuda fan posibel este festival.
Colaboran o Concello de Padrón, a Delegación Provincial de Cultura de A Coruña, Xacobeo, a Deputación de A Coruña, a Fundación Rosalía de Castro, a Fundación Camilo José Cela, «La Caixa», e Radio Valga.

Concerto benéfico de Maldados.com no Auditorio de Ferreirós.

Será o domingo día 14 de decembro ás 19:00 horas, e alí os Maldados.com presentan o seu novo espectáculo de humor castizo, cunha actuación benéfica para recadar alimentos con destino ás cociñas económicas que cada vez teñen máis comensais pola crise.
Non se admiten cartos polas entradas, e así haberá que optar por levar unha botella de aceite, un quilo de patacas ou un quilo de fabas.
Organiza Maldados. com (maldados@hotmail.com), e colabora o Concello de Valga e Radio Valga.

Radio Valga organizou o concurso «Aldea máis intelixente» no que os oíntes acertaron preguntas de cultura xeral.

O Lestido recolle o premio da man de Gándara, que cede o título, e o director, Héctor Bermúdez.

Radio Valga, e máis concretamente o veterano programa ??Moito máis que música?, celebrou unha nova edición do concurso cultural ??A Aldea máis intelixente?, e desta volta, o gañador foi o lugar do Lestido, do concello de Padrón.
Durante toda unha semana veciños de varios lugares da zona estiveron participando activamente no concurso que, un ano máis, mantivo atentos á emisora non só aos participantes senón tamén aos oíntes que gozaban escoitando as respostas acertadas, pero tamén as meteduras de pata, que daban os ousados participantes.

O lugar de Gándara, na parroquia valguesa de Cordeiro, foi o gañador da edición do pasado ano, pero desta volta non puido ser, e a aldea non tivo a sorte que a acompañara noutras edicións, posto que coa victoria de 2007 xa era a segunda vez que se facían co tan prezado título.

Cambio de gañador > Na edición deste ano, o concurso estivo bastante apretado, sobre todo os dous últimos días, xa que a mediados do mes de outubro, data na que tivo lugar o concurso, O Lestido, de Padrón, e O Sixto, de Valga, loitaban polo primeiro posto.

Finalmente, foi a localidade da capital do Sar a que saiu victoriosa desta batalla telefónica aínda que dun xeito bastante axustado, xa que tan só catro puntos foron os que lle deron o galardón final.

Preguntas de cultura xeral pero tamén relacionadas coa historia da emisora, realizadas polo director e presentador do programa, Héctor Bermúdez, eran as que os concursantes tiveron que atinar.

Moitos foron os que o intentaron, sobre todo os últimos días, pero finalmente, O Lestido, O Sixto e Barcia foron os gañadores dun concurso que sempre ten lugar a mediados do mes de outubro, un mes antes da festa anual.

DIARIO DE AROUSA, 25/11/08