O EXTRUGASA SENIOR FINALIZA ESTE SABADO A LIGA EN VILANOVA NUN PARTIDO INTRASCENDENTE, E LOGO DE PERDER CONTRA MECO DE O GROVE NOS INSTANTES FINAIS

Este sábado ás 7 da tarde vai finalizar a participación no campeonato zonal de 1ª división, en casa do Vilanova. Faino ca tranquilidade que da ter asegurada a participación a vindeira temporada nesta liga dos mellores equipos zonais. Para dito partido o equipo vai ir pola victoria, e caso de non ser posible, polo menos dar unha boa imaxe, caoma a deste pasado sábado no grove, diante do Meco, onde perdeu por 3 puntos (49 a 46) nos instantes finais. Partido ó que so poideron desprazarse 7 xogadores, faltando varios dos habituais, polo que o esforzo dos chavales foi meritorio.

Na 1ª parte os locais xogaron moi cómodos, e impuxeronse no marcador dende o principio (1º cuarto: 19 -11), descanso (30 -19). Polo Extrugasa tan só Santi na zona local era capaaz de anotar con facilidade (11 puntos nesta parte).

Pero a 2ª parte empezou de forma distinta. O Extrugasa veuse arriba e dun 32 – 19 no minuto 22, pasouse cun parcial de 5 a 22 a un 37 a 40 no final do 3º cambio. ¿Que pasou? Sencillamente que os chavales (Pedrito, Victor, Cachote) sacaron o baloncesto que levan dentro, e nun cuarto para recordar, non se cortaron á hora de lanzar e con 4 triplas, mais a defensa de Santi, Pepi e Felipe sobre os interiores locais, diron toda unha lección de baloncesto.

E no derradeiro cuarto faltou algo mais de anotación, por que o Meco estivo ben maniatado, pero os tiros do Extrugasa deixaron de entrar. A pesar diso todo o cuarto diante, quedando 28 segundos e gañando por 1, Felipe  erra 2 tiros libres. Quedando 15 segundos Meco empata a 46 ó anotar seu base 1 tiro libre dos 2 que tivo. Con 15 segundos Extrugasa ataca, e quedando 3 segundos perde o balón ó facer pasos un xogador. Tempo morto local, no saque de banda dende medio campo, recibe un aleiro do Grove que, tira tras bloqueo e anota unha tripla sobre bocina.

Xogaron e anotaron polo Extrugasa: Pedrito (3), Victor (6), Cachote (3), Santi (13), Felipe (6), Pepi (15), e Juanjo (-).

Nova Galega de Danza actúa en el Multiusos dentro del programa “Vai de Camiño”.

El programa ??Vai de Camiño?, que impulsa la Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo de la Consellería de Innovación e Industria, hace el sábado una parada en el municipio de Valga, en donde presentará el espectáculo ??Tradicción? de la compañía Nova Galega de Danza. La actuación tendrá lugar a partir de las ocho de la tarde en el Auditorio Municipal de Ferreirós.
??Tradicción? es una de las coproducciones del Centro Coreográfico Galego para la temporada 2008-2009, una propuesta artística que cuenta además con el apoyo del Concello de A Coruña. La música de ??Tradicción? mezcla las melodías tradicionales con armonías y texturas modernas. En este sentido, resulta decisiva la colaboración del nuevo director musical de la compañía, Pedro Lamas, con el pianista de jazz asturiano Jacobo de Miguel. El resultado es una música muy personal, en la que también tienen mucho que decir las aportaciones de cada uno de los músicos que trabajan con Nova Galega de Danza.

La puesta en escena incluye la proyección de imágenes y un vestuario que es evocador de la cultura tradicional gallega. Además, se incrementa el número de bailarines.

DIARIO DE AROUSA, 26/03/09

O vindeiro sábado, asamblea dos socialistas cesureños para elixir os delegados ao congreso extraordinario.

Será ás 21:00 horas no Restaurante Casa Gómez coa seguinte Orde do día:

1.Constitución da asamblea e elección da mesa.
2.Elección de delegados/as ao Congreso Nacional Extraordinario.

Lémbrase que nese congreso, a celebrar o día 25 de abril, será elixido o novo secretario xeral do PSdeG-PSOE.
Á Agrupación Local de Pontecesures correspóndenlle 2 delegados/as, e os candidatos/as, deben presentar a candidatura o martes día 24 de marzo, de 17:00 a 18:30 horas; ou o xoves 26 de marzo, de 17:00 a 20:00 horas na Escuela de Daniel (Camiño de San Xulián)

Sempre en Padrón: Tempus gratissimum et memorabile.

Artigo de José Quintáns Nine. EL CORREO GALLEGO, 23/03/09

Era outubro do ano 1967 cando se inauguraba o Instituto de Padrón, naquel intre Colexio libre adoptado e dependente do Instituto Xelmírez de Santiago de Compostela.

Este centro permitiunos a moitos rapaces daquela época iniciar unha formación que nos estaba negada polas circunstancias familiares e sociais ou polo núcleo onde vivíamos; eu fun un deles.

Esta primeira promoción do Instituto Camilo José Cela de Padrón, que é como se chama agora, e outras que foron aparecendo ano tras ano, tiña moitas gañas de facer, cos profesores que mais nos aprenderon e nos orientaron ó longo de sete anos, unha xuntanza-homenaxe compartida para que quedara constancia do agradecemento que lles queríamos transmitir.

Non fixo falla unha convocatoria de claustro nin de consello escolar para quedarmos no día e hora decididos: sábado día 14 de marzo, ás dúas e media no Pazo de Lestrove.

Tampouco tivemos necesidade de enumerar un programa con obxectivos, contidos e outros puntos para desenvolvelo nese día.

Xa no Pazo, estaban Marisel Véliz, Fita Garrido, Conchita, Ramón Vázquez e a súa dona, Víctor Aragonés e Teresa, así como Joaquín Lens, José Manuel Sánchez, José Manuel González Herrán, Baleato e moitos mais.

Algúns non estiveron na comida, pero si que estaban alí. Dos alumnos non digo nada, xa que se encargou a directora de pasar lista e de recordarnos as notas que tíñamos cada un, por se necesitabamos repasar algún tema. Este día todos nos sentimos alumnos de bacharelato.

Finalmente, na charla-coloquio, como nos recomendaba Joaquín Lens que intercalásemos na redacción das conferencias, uns sinxelos agasallos cerraron unha xornada tan memorable e feliz que non creo que se nos esqueza mentres a memoria nolo permita.

Polo menos, esta primeira xeración e as que desexen sumarse a este tipo de recoñecemento, queremos estar Sempre en Padrón: tempus gratissimum et memorabile, unha época memorable e moi grata, dende aquel curso 1967/68, facendo pública esta homenaxe ós nosos profesores porque a merecen, e que esta data sirva para programar outras sucesivas.

Tamén, e fóra deste círculo de profesores-alumnos, teño que dicir e facer constar que eu tamén estarei Sempre en Pontecesures, no Palomar de Abaixo, coa familia González Fernández, ad felicium temporum memoriam, para a lembranza duns tempos felices que alí pasei.

El Auditorio de Ferreirós acoge la representación de la obra “Un morto moi vivo”.

La comedia “Un morto moi vivo” se representa esta tarde a las 19 horas en el auditorio. Se trata de una singular puesta en escena a cargo de Produccións Acontrabutaca en la que participan figuras televisivas de tirón popular en Galicia como “Isi” (José Manuel Rodríguez Puente), asiduo de programas como O Rei da Comedia, Supermartes o Air Galicia, y “Amadora” (Dorotea Bárcena), parte fundamental del Show de los Tonechos.
El espectáculo es una comedia de enredo para todos los públicos y tiene una duración de 60 minutos.
La programación cultural en Valga continúa el martes a las 10 de la mañana con un festival en el Instituto, enmarcado en el proyecto Axenda 21. El viernes 27 a las 21 horas, se programa un concierto de música de cámara a cargo de la Escola de Música de Valga, y el sábado actúa “Nova Galega de Danza”, dentro del ciclo “Vai de Camiño”.

FARO DE VIGO, 22/03/09