A Deputación entregou uns obsequios ós xogadores do Extrugasa Río Ulla.

O sábado pasado día 10 de novembro, o 1º tenente de alcalde de Pontecesures, Rafael Randulfe e o concelleiro de deportes, Javier Quintá, entregaron no pavillón municipal unas mochilas-bandoleiras os nenos do equipo alevín de baloncesto do Extrugasa Río Ulla como obsequio da Deputación Provincial de Pontevedra.
No futuro, entregaranse estas mochilas-bandoleiras ós integrantes dos outros equipos deste club de baloncesto.

HORARIOS DOS PARTIDOS NA FIN DE SEMANA DOS EQUIPOS DO EXTRUGASA RIO ULLA

Esta fin de semna vanse xogar os seguintes partidos:

Senior: Sábado as 19.30 h. no polideportivo de Pontecesures contra o Portonovo.

Cadete masculino: Sabado as 10.30 en Pontecesures, contra o Xuven de Cambados.

Infantil Masculino: Domingo as 18.30 h. en Vilagarcia contra o Liceo.

Alevin Masculino: Sábado as 12.30 h. en Cambados contra o Xuven.

Alevin femenino: Sábado as 12.30 h. en Pontecesures, contra Marín Peixe Galego «c».

100_8002-web.JPG

 Equipo Cadete Masculino 2007-08

Gran cea dos integrantes da peña de quinielas do Bar Choco.

Será o sábado día 17 de novembro, as 22,00 horas, nunha carpa instalada no aparcadoiro da rúa dos Namorados (practicamente na praza dos Valeiros).
A cea estará amenizado polo grupo ESTILO 2 e espérase a asistencia de maís de 70 comensais.
Menú: Empanada de choco, carne ó caldeiro, polbo á feira con patacas, postres, café e chupitos.
Coma novidade prepararase unha queimada no cabazo.