El citado pub de Pontecesures anuncia la celebración de estos cursos de salsa, bachata, merengue y rueda cubana, invitando a los interesados a que acudan al local los sábados 22 y 29 de septiembre a las 23 horas para presenciar las clases y participar en las mismas de considerarlas interesantes.
Información en el teléfono 646-449093.
Imaxes da boda de Pilar Cortes e Santiago Amorín
Este pasado sábado celebrouse a boda entre Pilar Cortés e Santiago Amorín, que se celebrou no hotel Pazo dos Escudos de Vigo.






Hoxe, 8 de setembro Romaría da Virxe da Escravitude.
Hoxe sábado celébrase esta tradicional romaría no Santuario da Virxe da Escravitude (Padrón) á que acoden moita xente da comarca.
Hai misas dende as 8 da mañá, celebrándose a solemne a partir das 13 horas cantada polo coro parroquial.
Ademáis de gaiteiros de Carcacía, na sesión vermouth actuará a orquestra “Los Burdon´s”.
Pola noitiña comezará a verbena, actuando “O SHOW DOS MALDADOS.COM” e “LOS BURDON´S”
O sábado 8 de setembro, Festa da Bicicleta
Esta festa é organizada polo Concello de Pontecesures en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra.
Comezará ás 17 horas na Plazuela e o percorrido iniciarase sobre as 17,30 horas e vai ser, coma nas edicións anteriores, por Porto, Redondo, Carreiras, Infesta e San Xulián, estimándose a distancia nuns 10 quilómetros. A esta proba recoméndase que só vaian nenos maiores de 6 anos. Os máis pequenos acompañarán a marcha durante o primeiro quilómetro, regresando á continuación cara a Plazuela, para esperar o remate do paseo. Para tódolos participantes habera sorteos de mochilas, cascos e incluso o de unha bicicleta.
E obrigatorio o uso do casco para previr posibles danos en carreira.
Asi mesmo, haberá trofeos para a bicicleta máis orixinal e para o participante de máis idade.
Faise un chamamento á participación cidadá tanto dos cesureños como dos afeccionados en xeral, lembrando que non é unha competición senón unha marcha cicloturista festiva para pasalo ben.
O sábado, día 1 de setembro, Festival de Canto e Música Relixiosa en Pontecesures.
Organizado pola Asociación de Amas de Casa “A Barcarola”, o sábado día 1 de setembro, ás 20,30 horas celébrase este festival na Igrexa Parroquial de Pontecesures.
Participarán:
* Grupo Xuvenil de Cordeiro.
* Coro da Escravitude.
* Coro Infantil de Herbogo.
* Coro de Carcacía.
* Coro da Armenteira.
* Felisa (solista).
* Coro “A Barcarola” de Pontecesures.
CELEBROUSE O VIII ANTICAMI?O DE SANTIAGO
O pásado sábado día 11 celebrouse por oita vez consecutiva, unha nova edición do anticamiño de Santiago.
Composto na súa maioria polos xogadores do C.B Pontecesures de basket e algún que outra “perxonaxe”, marca este feito o comezo da tempada de baloncesto para o equipo xenior. Continua así unha tradicción que data do ano 1999, cando Xoxó Abalo, Fernando Peñaño, Chus Abalo e Roberto M. Camoiras “Sapo”, fundadores orixinais da idea e do anticamiño de Santiago, comezaran o que co tempo se convertiría nun ritual de obligado cumprimento, tódolos agostos dos posteriores anos.
Este ano, a pesar da falta dos irmáns Abalo Piñeiro e do Carlos o Xurelo, culminaron a viaxe sete amigos, sete compañeiros, unha camiñata que comezou en Santiago ás doce do mediodía e rematou, logo de 27 “repostaxes” , na Adega a Pía (a pesar de Canducho) ás dúas da mañá, onde degustaron un dos seus excelentes “manxares”.
Foron moitos os ánimos que recibiron, durante e despois da viaxe por parte da xente que os arengaba. Xa se está a preparar unha nova edicción, a IX do 2008, na que se espera e invita a todo o que queira participar no que cos anos se convertirá nun importante evento, se non o é xa.