Resposta do concelleiro de Padrón, Eloy Rodríguez, ao señor Castro Cajaraville.

Líamos no semanal Tierras (20 de outubro 2009) un artigo de opinión de don José Castro Cajaraville “Cronista de Padrón” que levaba por titulo “Obras son amores?.”, referente a diversas actuacións no casco urbano , incluídas no FEIL.Laiábase o sr. Castro da falla de tomas de medidas noutras zonas da Vila, a este respecto gustaríame salientar que a crítica cando é xusta é enriquecedora , non é menos certo que neste caso é extemporánea, fora de lugar, rancia e inexplicable, como si neste curto espazo de tempo haxa obriga de acometer todo aquilo que se deixou de facer con anterioridade durante 24 anos e do que nunca nos medios se dixo nada, e agora, nestes dous anos estanse a prodigar todo tipo de ¿consellos? e criticar actuacións que actualmente con moito esforzo, e anteriormente con épocas de bonanza, nunca se acometeron. Deben ser os designios ou a ingratitude dos tempos, ou a recén recuperada liberdade de expresión. Sería aconsellable, ó meu modo de ver, que cando se opinara se fixera con coñecemento de causa para non incorrer en divagacións. O tramo ó que fai alusión o sr. cronista entre a rúa Real e Rosalía de Castro adecentarase na súa parte pública si se contara co consentimento dos propietarios ¿na parte privada?, e ca existencia de fondos estudaríase a maneira de executala e diso xa informei persoalmente ó sr. Castro hai escasos días. Referente a esa pequena rúa sen nome, vulgarmente coñecida como calexón do Cuco, como tamén o calexón dos Carrisos ó que non se refire na súa crónica, solicitáronse os correspondentes permisos á Delegación Provincial de Patrimonio na Coruña estando á espera de recibilas preceptivas autorizacións. Polo tanto esas dúas situacións nin están sumidas, nin deixadas da man do abandono. Este responsable do goberno municipal intenta facelo mellor posible, xestionando adecuadamente os escasos recursos municipais.

Eloy Rodríguez (Teniente de alcalde responsable de Rehabilitación do casco urbano de Padrón)
TIERRAS DE SANTIAGO, 27/10/09

O mércores preséntase en Cornes-Santiago, un libro sobre a histórica liña ferroviaria Carril-Cornes.

O mércores 28 de outubro, ás 20:30 horas, terá lugar no Auditorio da Casa das Asociacións (antiga Estación de Cornes-Santiago), o acto de presentación do libro de Xoán Luís Miguéns García “Historias do Carril-Cornes” que é a primeira liña ferroviaria de Galicia e que cumpriu 135 anos. O libro está coeditado polo Consorcio de Santiago e Sotelo Blanco Edicións.

Xoán Luís Miguéns é socio de honra da Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril.

Contarase coa presenza e participación no acto do alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo.

Mejoras viales, saneamientos y alumbrado absorben el dinero del plan provincial anticrisis en Pontecesures.

RDeput

La Rúa Deputación será mejorada con cargo al plan anticrisis.

El equipo de gobierno de Pontecesures ya hizo llegar a la Diputación de Pontevedra la relación de obras que acometerá con cargo al Plan de Investimentos 2009/2011, que impulsa la administración provincial para impulsar las obras públicas y tratar de minimizar los efectos de la crisis económica.

Al Concello cesureño le corresponden un total de 508.635,12 euros en estas tres anualidades. La partida más elevada, hasta 215.962 euros, se invertirá en el acondicionamiento de la Rúa Deputación, un vial provincial en el que se acometerá un proyecto de casi 800.000 euros. Con esta obra se renovarán totalmente los servicios de agua y saneamiento, además de mejorar las aceras e instalar un nuevo alumbrado público, para así mejorar las condiciones del vial, que ahora son bastante ??deficientes?. La financiación de los trabajos la completará la propia Diputación de Pontevedra, que aportará otros 579.948 euros.
Los restantes 292.672 euros de los que dispone el Ayuntamiento para invertir entre 2009 y 2011 se destinarán a la ejecución de obras de saneamientos, mejoras en el alumbrado y acondicionamientos en viales y espacios públicos. Por ejemplo, está prevista la colocación de alumbrado en la calle Calera de Porto ­con un presupuesto de 51.067 euros­ y también en las calles Patifas, Otero Acevedo y San Lázaro. En estos tres viales la inversión alcanzará los 36.038 euros.

En cuanto al saneamiento, el gobierno local decidió incluir en este Plan de Investimentos la dotación de servicios de alcantarillado y abastecimiento de aguas en las calles Patifas y Otero Acevedo, un proyecto que requiere de una partida presupuestaria de 83.516 euros.

Con otros 61.380 euros se llevará a cabo una actuación en Porto para acondicionar la pista de A Fontaíña, que será ensanchada, y recuperar una ??emblemática? fuente que permanece abandonada hace años. En este entorno se creará una pequeña área de esparcimiento para el disfrute vecinal.

El último de los proyectos que el gobierno local propuso a la Diputación promueve acondicionamientos en la calle José Novo Núñez, en el Camiño dos Acevedos y en A Toxa. En el primer emplazamiento se mejorará el entorno del monumento al Apóstol Santiago de cara al Año Santo 2010, puesto que se encuentra en pleno Camino Portugués a Santiago. En el Camiño dos Acevedos de San Xulián las obras consistirán en la creación de un área de esparcimiento, mientras que en A Toxa se ejecutará una mejora en el saneamiento en los alrededores de la fuente. En todas estas actuaciones se gastarán un total de 60.668 euros.

DIARIO DE AROUSA, 25/10/09

Xavier Lama, primeiro gañador do premio Raimundo García “Borobó”.

Premi B

O gañador do certame, Xavier Lama, recibe a Pluma de Ouro de mans de Alfonso Cabaleiro.

O xurado concedeulle a Pluma de Ouro pola súa “axeitada parábola” ·· Os outros dous galardóns para Francisco Castro e Mercedes Gualtería·· A Xunta concederá axudas á prensa para mante-la súa liberdade e pluralidade

Xavier Lama, Francisco Castro e Mercedes Gualteria Pintos resultaron gañadores do I Premio Raimundo García Domínguez Borobó, promovido pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) en colaboración coa Consellería de Cultura e a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia.

O escritor e periodista Xavier Lama levou a Pluma de Ouro polo seu artigo Borobó contra Wallace Souza, do que o xurado subliñou a axeitada “parábola” á que recorre para establecer unha comparación entre o xornalismo que viviu Borobó e o actual. O autor salienta neste texto a deriva dos medios cara ao espectáculo e a busca da audiencia a calquera prezo.

O creador de Spam, (Galaxia, 2006), o escritor Francisco Castro, conseguiu o primeiro accésit e a Pluma de Prata por Borobó despedido, do que o xurado sinalou a “valentía coa que aborda o problema da independencia dos medios, fronte aos intereses do sistema, alertando sobre a perda de credibilidade e a prostitución do oficio”.

O segundo accésit e a Pluma de Bronce foi para a autora de Pedras de Compostela, (Xerais, 2009), a escritora Mercedes Gualteria Pintos. O seu artigo, Carta do alén, foi escollido polo xurado debido á súa “entrañable recreación da vida compostelá”, desde unha perspectiva que podería ter sido a do propio Borobó. O xurado, foi presidido por Benxamín Vázquez González.

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Barxas, comprometeu o apoio da Xunta, a través de Cultura e a Secretaría Xeral de Medios, aos proxectos “que poidan confluír en accións concretas e conxuntas cos medios de comunicación”.

Na clausura, o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, subliñou a categoría de Borobó e apuntou que a Administración pública está fondamente preocupada pola situación da prensa actual. Neste sentido, adoptou o compromiso de que nesta lexislatura a Xunta fará unha regulación de axudas á prensa “con criterios obxectivos e rigorosos” e en aras a mante-la súa liberdade e pluralidade. Neste marco, Cabaleiro dixo que se levará ó Parlamento unha lei de reforma da RTVG e unha lei do audiovisual. Ademais, o secretario xeral de Medios tamén dixo que, segundo as previsións, o 3 de abril “toda Galicia terá TDT”.

La claveMesa redonda sobre periodismo e opinión

·· Previamente á entrega celebrouse unha mesa coloquio na que debateron sobre periodismo de opinión o ex ministro, César Antonio Molina; os periodistas Xose Luis Barreiro, Magís Iglesias e Xavier Navaza, columnista de El CORREO GALLEGO. Moderou Rafael Cid.

EL CORREO GALLEGO, 25/10/09

El PP pide que los presupuestos del Estado prioricen la puesta en marcha del tren de cercanías.

Los diputados pontevedreses consideran que en los presupuestos generales del Estado se deben incluir partidas específicas para solucionar «problemas endémicos de la red convencional de ferrocarril», y para mejorar el servicio de cercanías en tramos como el que une Vilagarcía-Santiago. Para tal fin se piden 24 millones de euros.
Aún dentro del capítulo de infraestructuras, los diputados del PP por la provincia de Pontevedra «entienden que los presupuestos deberían incluir también un millón de euros más para reformar la conexión ferroviaria del eje portuario Vigo-Marín-Vilagarcía». Otro millón de euros sería necesario «para el nuevo acceso al puerto de Vilagarcía».

LA VOZ DE GALICIA, 25/10/09

“O gran problema agora no Ensanche de Santiago é o consumo de alcol dos adolescentes”

Fala o secretario da asociación de veciños do Ensanche de Santiago.

-¿O Ensanche superou o problema do ruído nocturno?
-Xa non ten nada que ver co que pasaba hai anos. Puntualmente, nalgún momento pode haber problemas, pero xa non é o que era. Agora estamos detectando un problema maior: o consumo de alcol dos adolescentes. Cada venres poden verse, cada vez máis, adolescentes bébedos. Os xoves tamén hai chavales, pero son algo maiores. O venres son rapaces e rapazas, de 15 ou 16 anos, borrachos e borrachas, tumbados na rúa, comas etílicos. Cada día hai máis. Coido que todos temos que poñer os medios para pór remedio a unha situación preocupante. Preocúpanos moito. Non sei quen é competente, pero son menores. ¿Onde están os pais?, ¿por que se lles vende alcol?. As autoridades locais traballaron moito na loita contra os excesos de horarios e mellorouse moito. Agora, pais, autoridades, educadores, policía, teñen que unirse para resolver o novo problema. Non é fácil, pero paga a pena.

LA VOZ DE GALICIA, 25/10/09