¿Por que se maltrata a estatua das Marías na Alameda de Santiago?

maria.jpg

Imaxe que amosa o mal estado no que se encontra na actualidade esta estatua da alameda de Santiago,a pesar das sucesivas reformas as que foi sometida.

«Esta fotografia amosa o mal estado no que se encontra na actualidade a estatua das Marías da alameda de Santiago,a pesar das sucesivas reformas as que foi sometida. A xente que causa estes desperfectos non mostra respeto por este símbolo compostelano, tan relacionado coa cidade como a catedral e a zona vella».

LA VOZ DE GALICIA, 15/05/08

Realmente dan moita pen as pintadas neste monumento tan emblemático e tan simpático. ?s que imos cumprindo bastantes anos, traenos moitas lembranzas esta estatua. Vimos pasar ás Marías en vida paseando pola zona vella de Santiago. Era unha imaxe sorprendente e chamaba moito a atención.

Resulta incomprensible, que os desaprensivos maltranten sempre unha estatua na Alameda que é tan importante para a historia de Santiago.

O cambio da rúa Portarraxoi dende os anos 80 ata hoxe.

sintitulo5_140474.jpg

Unha das principais arterias viarias de Pontecesures, a rúa Portarraxoi amosaba a principios dos anos oitenta un aínda primeirizo desenvolvemento urbanístico, que contrastaba coas edificacións de planta baixa unifamiliares que deberon primar ó longo da primeira metade do S. XX.

tiep40f03104322_140477.jpg

Vinte anos despois, a mesma rúa experimentou un evidente cambio, uniformizándose as alturas, como xa apuntaban algúns edificios dos oitenta. Gañouse esteticamente na desaparición de sinais que afeaban a paisaxe urbana, e perdeuse na protección viaria dos peóns.

TIERRAS DE SANTIAGO, 13/05/08

A padronesa Fany Dopazo fixo bo papel no concurso Top Model de Área Central.

s11c4f1.jpg

Fany é a rapaza morena do fondo que leva pantalón branco e blusa negra.

Estefanía Dopazo Caeiro, de 16 anos, que reside en Herbón participou hoxe na final do concurso Top Model que se celebrou esta tarde-noite no complexo comercial do polígono de Fontiñas en Santiago. Aínda que non obtivo premio na gran final, superou con anterioridade varios cástings e a rolda eliminatoria celebrada hai 15 días.
Fany e filla do que tiña, ata hai ben pouco, a Cafetería Manhattan situada na rúa Sagasta de Pontecesures.
A estrela do evento, e que formou parte do xurado, foi a televisiva Lydia Lozano famosa pola participación nas tertulias dos programas rosa de Telecinco.

Mª Begoña Regueira Guntín proposta para seren directora do CPI Pontecesures.

No día de hoxe tivo lugar na biblioteca do CPI Pontecesures, a reunión da comisión encargada de avaliar o proxecto presentado por Mª Begoña Regueira Guntín, que foi a única candidata que se presentou para directora do centro logo, tras realizarse a oportuna convocatoria en cumprimento da normativa vixente.
A comisión estivo presidida polo Inspector de Educación, Xurxo Novales Ordás, e asistiron os profesores, Jorge Sierra Portabales, Mª Paz Parajó Gómez e Silvia Touriño Novo, e as persoas elixidas previamente no Consello Escolar, que foron Jesús Mª Rey Beiró (representante do Concello) Elías Sanmarco Enrique (representante do persoal) e Luis Ángel Sabariz Rolán (representante da ANPA).
A candidata acadou unha puntuación polo proxecto de 10,40 puntos (sobre un máximo de 12), e hai que engadir outros 8,55 puntos coma méritos avaliables. Así a puntuación total foi de 18,95 puntos. Agora a proposta estará exposta no taboleiro de anuncios do colexio por prazo de 10 días a efectos de reclamacións. O nomeamento formal correspóndelle ó Delegado de Educación e producirá efectos con data 01/07/08.
Saliéntase que no proxecto de Mª Begoña (que ata agora era xefa de estudos de primaria) xa aparece reflectido o equipo co que conta. A xefa de estudos de primaria será Mª Manuela López Cea, a xefa de estudos de secundaria será Mª Isabel Lapido Silva e o secretario será Xosé Xavier Ron Fernández.
Lémbrase que a actual directora, Mª José Suárez Guzmán, xa non estará no centro no vindeiro curso despois de tantos anos, pois trasládase ó CEIP de Lamas de Abade (Santiago).
Quero desexar a Mª José o mellor no seu novo destino e a Mª Begoña que acade ós maiores éxitos a fronte do noso centro.

Pousa Antelo lembra vivencias dende A Estrada.

tiep23f03065652_136044.jpg

O profesor Xosé Mª Lema, á esquerda, con alumnos e Pousa Antelo

“Eu tiña moitas ganas de volver a Galicia e por iso inventei aquela historia…” Avelino Pousa Antelo conta cómo logrou sobrevivir na fronte, conducindo unha ambulancia, naqueles anos da Guerra Civil. O presidente da Fundación Castelao foi un mestre de excepción para os alumnos de segundo de bacharelato do IES Antón Losada da Estrada, cos que compartiu recordos e anécdotas de toda unha vida. Pousa, a que coñecían na súa Barcala natal coma Lucho do Peto, falou dos seus comezos na escrita con poemas e artigos en La Voz de Barcala, a súa paixón pola fotografía, os tempos nas Mocidades galeguistas ou os duros días da guerra, que o pillou en Galicia cun permiso (facía o servizo militar en Ceuta) para facer oposicións. A historia de toda unha vida.

TIERRAS DE SANTIAGO, 29/04/08