Sobre as 5 da tarde o noso veciño Alfredo B., de 80 anos de edade, saiu da súa casa nun “maquinillo” a buscar piñas.
A súa familia, vendo que non voltaba, fixo as xestións para que se iniciase unha percura do ancián por si se atopaba perdido ou desorientado, xa que non era normal a súa tardanza.
Membros de protección civil de Pontecesures, Valga e Catoira iniciaron as labouras de rastrexo que finalizaron de forma satisfactoria, cando ás 10 da noite o atoparon, desorientado no monte, xa dentro do veciño concello de Valga.
En grande medida, sendo Alfredo un gran coñecedor do monte, a desorientación debeuse posiblemente o estado do monte tralos incendios do pasado verán, que inhabilitaron e ocultaron moitos dos camiños e corredoiras que alí hai.
Unha nova con final feliz, que debe ir acompañada dunha felicitación ás diferentes agrupacións de protección civil e veciños que estiveron nas labouras de búsqueda.
As 19 horas do día de hoxe, 5 de outubro, na Casa de Cultura de Valga terá lugar a presentación do libro “Memorias y sueños. En las riberas del Bajo Ulla”, editado por 3C3 (pertence á colección Céltigos), co apoio do concello de Valga.