Sobre as 11,30 horas do día de hoxe caeu unha loseta do edificio «San Luis» situado na rúa San Lois 26 de Pontecesures. Este edificio foi construído hai uns 30 anos e atópase no baixo o Bazar Chinés.
O material caído alcanzou na beirarrúa á veciña de A Devesa, María Begoña Sueiro Ferreirós con domicilio en Torre 79. O golpe foi na espalda e a Sra. Sueiro desplomouse no chan.
A lesionada foi trasladada ó Centro de Saúde de Baño-Valga, pois presentaba erosións na espalda, e a Policia Local fixo unha reportaxe fotográfica e redactou o correspondente parte coas incidencias. A zona foi sinalizada por precaución.
Se están a facer xestións por parte do Concello cos propietarios do edificio a efectos da responsabilidade e do arranxo inmediato dos elementos inseguros da fachada.