Cota da ANPA para o curso 2007/2008

Na asemblea ordinaria que tivo lugar o pasado día 11 de outubro, acordouse fixar a cota da ANPA para este curso en 7 ? por familia, mentres o seguro, que ten carácter voluntario, fixouse en 8 ? por alumno/a.

O ingresos destas cantidades debe realizarse na conta 362.3 de Caixanova-Pontecesures nun prazo que remata o día 20 de novembro próximo.

Lémbrase que o abono da cota da ANPA é un requisito imprescindible para asistir ás actividades extraescolares, e posibilita para seren tanto elector como elixible no proceso de renovación da xunta directiva.

Pontecesures, 13 de outubro de 2007
O presidente
Luis Angel Sabariz Rolán

La Xunta estudiará la inclusión de la línea Vilagarcía a Padrón en su plan de cercanías.

La Consellería de Política Territorial no esquivó el capote que le llegó el miércoles de Madrid por boca del alcalde de Catoira, que hizo de portavoz de la Subdirección General de Ferrocarriles en relación con la supresión de la línea de Vilagarcía a Padrón una vez que entre en funcionamiento la variante del AVE. Fomento ratificó que ese tramo dejará de funcionar, pero dejo la puerta abierta a que siga operativo si la Xunta se hace cargo para potenciar una línea de tranvías.

(máis…)

Comeza o “Preescolar na casa” en Pontecesures.

Hoxe ás 17,00 comezan no edificio do club xuvenil as clases de “Preescolar na casa” que están dirixidas a nenos/as de 0 a 3 anos e que serán impartidas polo psicólogo José Expósito. Hoxe as clases van dirixidas a tódolos asistentes, pero en mércores sucesivos irase rotando. Unha semana irán os nenos/as de 0-1 anos, a seguinte os de 2-3 anos, e así sucesivamente.
Este programa é custeado pola Xunta de Galicia colaborando o concello co mesmo.

Acta da selección de profesor de adultos.

En Pontecesures, a 9 de outubro de 2007, sendo as 12 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de Profesor de Adultos, formado polo administrativo do concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará como Presidente, a profesora de adultos Dna. Fernanda Cimadevila Caamaño que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.

(máis…)