Entregados onte os premios do concurso de redacción «LETRAS GALEGAS 2006»

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na biblioteca do CPI Pontecesures, entregáronse onte os premios do concurso de referencia organizado pola ANPA do centro e no que participaron os nenos de educación primaria dos CEIP de Baño-Valga e «Ferro Couselo» de Cordeiro e dos CPI «Progreso» de Catoira e Pontecesures.

Os gañadores das distintas categorías foron:
-4º curso. Alberto Rivas de Jesús (CPI Pontecesures)
-5º curso. Paula Martinez Suárez de Centi (CPI de Catoira) e Sara Azidane Chenlo (CEIP Baño-Valga)
-6º curso Xenxo Campaña Fernández (CEIP de Cordeiro)

Antes da entrega de premios polos representantes dos tres concellos e pola directora do CPI Pontecesures, houbo unha magnífica charla da filóloga e poeta Elvira Riveiro Tobío que comparou a poesía de Lugrís Freire coa dos poetas galegos modernos.
Despois de ler a súa redacción Xenxo Campaña en representación de tódolos premiados a ANPA agradeceu a colaboración co evento da conferenciante, dos profesores dos centros, da Deputación de Pontevedra e de Fernando Rodríguez Gómez.
Para rematar o acto interpretou (moi ben, por certo) o himno do antigo reino de Galicia a gaiteira Adriana Rivas Seijo que é alumna do CPI Pontecesures e pertence ó grupo «Algueirada» dependente desta ANPA.
A organización desde concurso no vindeiro ano correspóndelle a ANPA do CPI «Progreso» de Catoira.

Pontecesures, 30 de maio de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA do CPI Pontecesures


10 comentarios

eu mesmo · 30-05-2006 a las 16:06

algueirada??so??penso que non….

Carmen Barreiro · 30-05-2006 a las 16:07

Felicidades!
Teño o pracer de coñecelo, ao e ao seu irmán e son bos mozos.
Segue así!

Carmen Barreiro · 30-05-2006 a las 16:11

Por certo refírome a Alberto Rivas de Jesús (CPI Pontecesures) aínda que tamén felicito os outros gañadores!

eumesmo · 30-05-2006 a las 17:07

PARA EU MESMO: Ahora resulta que ni Tomas Valiente es Baliñas, y que amí me salen ??clones?, o casi pues un espacio de una letra, ¿que es al fin y al cabo? Un grano de arena en un desierto?
Mira que tenías nicks para ponerte, pero parece que te gustó, no se si para bien o para mal, este mio.
OJO: EUMESMO = EU MESMO…? NOOOOO SE?ORES/AS.

ME MUERO… SERÁ POR CULPA DE UN VERTIDO DE PICUSA???? SERÁ POR CULPA DEL POLVILLO DE LA FINSA???
ASI QUE LLEG? MI HORA… LA CLONACI?N ACAB? CONMIGO… LAS «MALAS COPIAS» ACABAN CON LOS AUTORES ORIGINALES…

El caso es que se me va la vida… así que ahí va mi ??testamento?:

VATICANISTA reza por mi, encárgale misas a D. Severino, no quise ser ??malo?, solo contar las ??batallitas del abuelo cebolletas?…

B?CQUER II escribe el mejor de tus versos que sirva de epitafio sobre mi tumba…
(alguno emotivo como aquel que decía:
??cabalgaron los seiscientos
por el Valle de la Muerte..?
O aquel otro:
??Adios rios/ adios fontes/adios regatos pequenos…?

ROMANO tomate un vino a mi cuenta!!! (pero solo 1 que luego ves apariciones a doquier…Y recuerda que es la ??palabra? dada 😉

ULLANMAN: Mi superheroe…mira por TU PUEBLO!!!

¿quien le dará de comer a FENIX, mi pájaro?

Mi CORAZON está a punto de explotarrrrrrrrrrrrrrrrrr …………. desparezco sin volver a pisar Cesures de nuevo…

RIP

EUMESMO Q. E. P. D
30-05-2006

Y que dijo TERMINATOR al final de la peli?

Antonio Cortés · 30-05-2006 a las 18:49

Eumesmo … ¿ e que non podes nin «despedirte» ben ?

Das normas:

Os comentarios: teñen que estar relacionados ca entrada en cuestión.

¿ Unha entrada sobre un premios do día das Letras Galegas e un comentario que nada ten que ver ?

Para evitar que as entradas perdan o sentido, os comentarios deberían aportar algo a entrada non levar o tema a outro punto que o orixinal, vou facer algo que está máis que claro.

*Comentario que nada teña que ver ca entrada en cuestión será considerado como SPAM e polo tanto eliminado* (conservarase internamente pero non será visible).

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-05-2006 a las 15:22

Xa sei que non é adecuado preguntalo nesta entrada, pero que alguén me resposte: ¿Qué dixo Terminator ó remate da película en cuestión?. Non controlo de cine e quero coñecer as intencións do amigo EUMESMO.
Imaxino que será o típico «Volveré» pero non estou seguro
A verdade é que EUMESMO dalle «vidilla» á páxina. E un libro aberto de novas, dimes, diretes, chascarrillos, consellos, humor, crítica política, pasado histórico dos concelleiros, etc.. Hai que felicitalo.

kaka-tua · 3-06-2006 a las 21:21

Xa che vale Sabariz!!! So che falta que pidas a sua RESURECCON coma se fose «Jesucristo».

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-06-2006 a las 00:25

Penso que foi moi xusta a miña felicitación a Eumesmo. Ademáis hai que fomentar a broma na páxina.
Por certo, benvido kaka-tua. Dame a impresión que és moi próximo a Eumesmo. Cicáis algún primo…

kaka-tua · 7-06-2006 a las 21:13

SABARIZ… xa que falas de «primos», unha duda: Non crees que deixaches ti por «primos» os da ACP que non querian que pactases a entrada de Maribel?
Falanme que tes parte daquela xente en contra, en concreto da de «Comercial Moncho» para arriba creo que fixeches ti o «primo», non? ¿Quen te vai apoiar naquela zona?.
Outra dubida: ¿Non quedarás ti coma un «primo» cando pasas de defender a Angueira a repudialo en nada. E agora vente da man do PP e de Oscar!
A quen tomas or primos? ¿Os cesureños? Malo malo malo.
E porque queres saber quen é quen? Ti non ves que somos moitos a escribir, e cada un aportamos as nosas cousas! ¿ Esto non é «Salsa Rosa» anque ti te empeñes nelo. En fin, que así estamos. e por favor cambia o disco que o de «a ACP se reune…» nada de nada. Es tí e mais Alfonso os que manexades o cotarro. ¿Queres fomentar a broma na paxina?: Pon unha foto tua disfrazado de paiaso e así nos reimos todos.
Nada, non hai clase politica seria en Pontecesures. En fin…

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-06-2006 a las 10:23

Xa expliquei o que pasou en outubro de 2004 cando IP entrou no goberno. Para mín era a única posibilidade para sacar adiante asuntos importantes para pobo, e asi foi (comezou a funcionar a gardería, selouse o basureiro de Condide, construíronse novos nichos no cemiterio municipal, instaláronse novas canastras no polideportivo, etc.) O problema na ACP non era o pacto en sí, senón pagar dúas dedicacións exclusivas.
Aínda que manifestei que no intre en que a xestión non fora positiva proporía a retirada das exclusivas (como así fixen) algúns membros da ACP abandoaron a formación expresamente.
Estiven logo en contacto durante todo o tempo cos compañeiros que non abandoaron e coñecían perfectamente as decisións que ía tomando.
Tivemos unha xuntanza hai pouco, como informei nos medios, e tivemos unha boa asistencia.
Quedei disgustado en 2004 polo problema que tivemos, xa que estes desencontros traen consigo unha perda de apoios. Pero en política hai que mirar para adiante e se perdemos votos na zona da que falas, trataremos de traballar para que sean os menos posibles e para obter moitos noutras zonas do concello. Eso sí, teño a conciencia moi tranquila polo que sucedeu e desexo agradecer a tódolos que integraron ou integran a formación da ACP o seu traballo e dedicación.
Para rematar «kaka-túa» non te enfades polas bromas. Eu considero que pola túa escrita e polos temas que tratas es o «difunto» EUMESMO pero agora cos textos en galego. E unha mera suposición sen importancia por que da o mesmo. Non teño nin idea de quén era Eumesmo.
Agradézcoche que continúes na brecha.¡Unha aperta!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.