A gaiteira de Pontecesures Adriana Rivas Seijo participará noutro concurso de gaiteiros solistas.
A gaiteira Adriana Rivas Seijo de 14 anos de idade e pertencente ó grupo «Algueirada» da ANPA do CPI Pontecesures. participará no I Certame de Gaiteiros Solistas «Manuel Dopazo» que se celebrará en Bandeira (Silleda) o vindeiro domingo día 18 de xuño.
Tomarán parte no concurso un máximo de 20 gaiteiros/as que só poderán levar un acompañante para a percusión, non rebasando as interpretacións os seis minutos.
Nestes días Adriana está a últimar a preparación co profesor du grupo Miguel Castaño.
A xunta directiva da ANPA deséxalle a Adriana os maiores éxitos polo traballo e dedicación que esta a amosar no manexo da gaita galega. Asi mesmo queremos agradecer o profesor o labor que está a realizar na formación muisical da rapaza.
4 comentarios
aaaa · 14-06-2006 a las 14:54
a verdade e que penso que non é so do grupo algueirada, non?
aaaa · 14-06-2006 a las 14:57
que teña moita sorte no concurso e que é moi boa gaiteira, oxalá teña moita sorte e quede en bo posto, porque meréceo.
de unha do seu grupo xarandeira · 20-06-2006 a las 20:33
pois a verdade e que non,tamen pertence ao grupo xarandeira,e gracias o noso ben querido mestre toca hoxe en dia como o fai,MarAVillOsAmENTe!!!veña adri que ti podes conseguir o que queiras!jeje,deixa de pensar en …… e demostra o ben que o fas!
BonitoConMexillon · 13-09-2007 a las 10:35
Adriana Ghaiteira en MySpace