«Aquí todos teñen necesidade de ser malos para gañar votos»
Con gasóleo e sen gasóleo, a convivencia política en Pontecesures hai tempo que é moi mala. O socialista Gerpe e o independente Sabariz foron socios de goberno co BNG pero, lonxe de crear complicidades, este feito aínda os alonxa máis.
-Vostede incluso chega a falar de odio.
-Os veciños están cansos de escoitar calumnias nos plenos. Resulta triste pensar que a política desapareza do Concello de Pontecesures e que o que está habendo é un resentimento dos que non foron capaces de ter un resultado electoral. Eu pídolle que teñan paciencia, que as eleccións son dentro de menos dun ano. Aí vai haber o verdadeiro xuízo aos gobernantes e á oposición. Cando falo de odio, falo de odio persoal incluso. A política que fai algún concelleiro polas tabernas, de desprestixio e utilizando a difamación, responde a comportamentos políticos psicóticos. Aquí se está instalando a política do non. ¿Que mal pode ter unha escola obradoiro para que se vote en contra? Que me digan se iso é política, ou odio ou resentimento. Eu levo desde o ano 91 no Concello e oito anos na oposición e nunca recordo, e foron tempos duros, un comportamento tan hostil e emporcador como o que hai agora. A algún válelle incluso diferenciarse con actitudes miserables.
-¿De quen fala?
-Da oposición, en xeral.
-Co PP xa nunca se prantexou ningún acordo ou pacto. Con Gerpe e Sabariz si, e non hai tantas semanas ¿aínda cre que é posible un acordo?
-Nunca pensei na posibilidade dos pactos reais. O PP está claramente posicionado; Sabariz ten que gañar, non pode difuminarse, entón ten que ser máis malo co PP; e o PSOE, tampouco. Aquí todos teñen necesidade de ser malos para gañar votos.
-¿O alcalde tamén?
-O alcalde será malo pero desde logo nunca votou en contra de cousas que foran boas para Pontecesures.
LA VOZ DE GALICIA 02/07/06
23 comentarios
Donicela · 3-07-2006 a las 11:35
«Os veciños están cansos de escoitar calumnias nos plenos», non sei, non sei, pero unha cousa son as calumnias e outras son as verdades coma puños. E moi facil chamarlle calumnia a todo o que non lle fai gracia, e chamarlles malos a os que o critican ou tratan de buscar a verdade, si non quere que eso pase ten unha solucion facil: TRANSPARENCIA, un golpe na mesa non fai que as respostas sexan mais verosimiles, un insulto a intelixencia do pobo non e tampouco unha boa resposta.
A oposicion fai unha das suas tareas que e controlar o correcto funcionamento do concello. pero parece que facer eso e de personas malas, malisimas, van ir o inferno. sigo sin ver unha respuesta que me quite de dudas do Sr. Alcalde, pero bueno, voume de vacacions, pero non quita que poda seguir mirando o que pasa no concello.
iustio · 4-07-2006 a las 16:07
Todo isto que esta a ocurrir en el concello es el resultado de las elecciones municipaless anteriores (2003). Esta claro que cuando varios partidos (tres en este caso) se juntan tienen que ponerse de acuerdo con el programa que van a realizar.
De cauerdo con lo dicho anteriormente, es que ni el alcalde ni sus socios de gobierno supieron hacer un programa de gobierno y no difinieron claramente sus funciones. Y esto unido a las ambiciones de poder de cada formación política da lugar al caos político que hay en este concello de las elecciones pasadas.
Esta situación política sólo cambiará ?NICAMENTE cuando las habitantes del pueblo votemos para las elecciones municapales del año que viene.
kaka-tua · 5-07-2006 a las 19:05
Lein a entrevista este domingo e quedei asombrado! O noso alcalde recoñece que so busca a maioria absoluta, e polo que se ve, se non a consigue marcha pra casa (supoño que para a de Rianxo). ¿eso e querer o pobo? ¿Eso e o dialogo e a convivencia cos demais grupos? ¿Cando dialoga vostede, Angueira? ¿Que «dialogo» vai «impoñer» se consigue a maioria absoluta?
CADA VEZ SE PARECE MAIS A PEPIN PI?EIRO (bo mestre ¿a que si?).
NESTA LEXISLATURA SO XENEROU DUDAS E MAIS DUDAS… E CADA VEZ TEN MENOS SOCIOS A QUEN BOTARLLE A CULPA.
Dende logo a Sabariz lle da moita leña, segue na sua pol{itica de deixalo por loco ¡Que nos contesta a eso Sabariz? E inda recoñece que o mes pasado se sentou a renegociar a sua entrada no goberno… haber se o final van a ter razon e esta un pouco pasao de rosca? Para que logo fale de «primos». ¿Como quedas, Sabariz, coma un iluso ¿non crees?
¿E de Maribel que?, solo falou maravillas o noso alcalde. Antes a tiña por un «corvo nejro», agora e unha socia (¿de chanchullos?) excelente.
COMO HEMOS CAMBIADO ANGUEIRA.
¡Goberna mais e preocupate menos da maioria, so as{i poderas evitar o batacazo!
Luis Angel Sabariz Rolán · 6-07-2006 a las 09:53
Efectivamente «kaka-tua» o alcalde trata de poñerme como un «barrenado» nas conversas cos veciños e nos medios de comunicación. Utiliza este agumento para atacarme con evidente falla de educación e de respecto.
Vou dicir máis, xa que nos últimos días son obxecto dalgunhas provocacións nas rúas por parte de xente do BNG (frases en voz alta, risas contínuas, xestos e algunhas cusas máis). Queren que salte e que teña incidentes e discusións con eles.
Isto é moi desagradable nun pequeno pobo, sobre todo para a miña familia. Non vou calar, por moito que fagan, nin tampouco vou entrar nestas liortas.
Tiroliro II · 6-07-2006 a las 21:07
Ten moito coidado Sabariz con esa xente do BNG e repítoche que non os tomes de coña. Xóganse moito o encargado da gorra, o informador xuvenil e o propio alcalde pois viven do concello. Pero tamén o que vende os productos de limpeza e que foi na lista do bloque, o do taller de motos que leva as probas no monte que tamén foi na lista, o xefe da gasolinera de Redondo, etc.. Nas eleccións de 2007 farán o que sexa para saír con maioría e que ninguén controle
os chanchullos.
O propio Angueira ten que sair elixido polo menos concelleiro. E un profesor interino e non aprobou as oposicións. Senón é concelleiro pódeno mandar ó outro extremo de Galicia ou incluso quedar fóra do ensino e sen traballo. Entón morde por formar parte das listas e vai a collóns. Ser politíco para Angueira e fundamental na súa vida.
Tiroliro II · 6-07-2006 a las 21:36
O comentario anterior é meu, de Tiroliro II. Esquecime de poñer o «II» pero hai que aclaralo. Non podo figurar só con Tiroliro a secas. Sería un insulto a aquel persoeiro da comarca dos anos 60 que faleceu hai moitos anos. Cóméntame que foi un tipo irrepetible.
Martin T · 6-07-2006 a las 23:26
E logooooo… a quen debemos votar po ano???A Sabariz?NON!A Angueira?NON!A Gerpe?NON!A Maribel?NON!O representante do PP (non sei quen sera)?NON!Tades dando todos unha imaxe penosa de Pontecesures e non creo que sexa unha digna imaxe para un alcalde, tades mais pendentes das accións do resto que do pobo!!Na miña opinión ningún merece un misero voto!
fru · 6-07-2006 a las 23:31
Subsanado o erro cun «toque de maxia». Espero que non te enfades por modificarche o nome e poñer o II Espero tamén que a Toño Cortes non se enfade 😉
Antonio Cortés · 6-07-2006 a las 23:40
Non me enfado, todo o contrario, moitas veces toca darlle un pouco de «formato» ós comentarios (sin tocar o contido) coma cambiar dos textos as maiúsculas a minúsculas e cousas similares, no caso dos nomes o mesmo, sin problemas, parte do traballo de editor consiste e iso mesmo, darlle formato (que non contido) o que se expón.
Un saudiño 😉
fru · 6-07-2006 a las 23:43
Que non che dou eu traballo cas miñas entradas e o mal que poño as fotos… saudiños.
En mes e medio nos vemos en Porto, non? Haberá unhas cervezas frias no Choco pra nós (por seguir ca tradición).
saudos 🙂
Paspallás · 7-07-2006 a las 00:20
Non vale dicir que tódolos concelleiros son desastrosos. Por exemplo son fulleros os do BNG que marchan co gasoil con Angueira de xefe e responsable da trama. O electorado debe ter en conta estas trapalladas e mandar ó alcalde para a súa casa de Rianxo e así poderá estudar para aprobar as oposicións.
Luis Angel Sabariz Rolán · 7-07-2006 a las 11:56
Non estou de acordo «Martín T.» en que os políticos locais só estemos pendientes uns dos outros sen facer nada por Pontecesures. En concreto, eu xa comentei moitas veces que cando estiven no goberno conseguíronse varias cousas e traballei dabondo na xestión municipal. Agora na oposición, ademáis das tarefas de fiscalización do goberno local (se están a denunciar gastos irregulares como en moitos concellos)), fixen suxerencias en materia de obras, servizos, etc.. Por suposto, non vou agora a dar aquí un mitin.
De tódolos xeitos é moi lexítimo non apoiar a ninguén en 2007 pero penso que debe facerse de considerarse que ningunha candidatura ten capacidade de xestión para que Pontecesures mellore. Dicir que non vou votar por que están sempre discutir os concelleiros é doado e moi simplista para os que tampouco se preocupan moito do que se fai, pero se analizas o que ocorre e tes boa información non se nos pode meter a tódolos representantes do pobo no mesmo saco xa que non somos todos iguais.
Anímoche, se tes interese en traballar por este municipio, a que te integres nunha lista ou presentes, cun grupo de persoas que teñades ideas parecidas, unha nova candidatura para as eleccións de 2007.
Un saúdo moi cordial para «Martín T.»
Martin T · 7-07-2006 a las 23:19
Co de «tades mais pendentes das accións do resto que do pobo» refirome a cousas como as penosas «Festas do Carme» (non son nin a metade de festas que eran fai uns anos) ou a que a piscina municipal todavia esta pechada!!(por poñer alguns exemplos) xa que por parte do aldalde esta a mirar mais polo tema do combustible que por facer as cousas como e debido!! e por parte da oposición tamen estades a mirar po mesmo tema!!en vez de protestar para que as cousas se fagan ben en Pontecesures!!e cando vostede estivo no goberno facianse a mesmas festas do Carme! Xa que falas de «fixen suxerencias en materia de obras» estou esperando a que arregledes o camiño da factoria!! que leva asi como uns… 4 anos!! ou mais e xa van un par de veces que torzo o tobillo ali!!!!
kaka-tua · 8-07-2006 a las 11:55
QUEDA 1 ANO PARA AS ELECCI?NS… ¿A QUEN IMOS A VOTAR?
BEN… MARTIN T. escribira por ahí arriba unha boa reflexiona ¿A quen votar en maio de 2007?.
Pois propoño que falemos dos nosos políticos e as súas posibilidades. Vou intentar suscitar este debate-comentario en base a unhas pregutas xerais que fago, e intentando ser todo O NEUTRAL POSIBLE…para que cada un opine sen mais.
– A primeira cuestion é; ¿está o BNG en disposición de seguir sumando votos para intentar obter a maioria absoluta, que lle permita gobernar con mais estabilidade que ata agora? ¿Ou vai pesar no seu contra certos comportamentos cando menos repobrables do seu lider e máximo responsable o Sr. Angueira e consentidos polo resto do seu grupo?
– O PP de Pontecesures, ¿seguirá perdendo votos para seguir víndose a menos? ¿Que candidato vai presentar? ¿O propio Sr. Randulfe de novo, ou Angel Souto quizas? ¿Terán a outro candidato escondido ao que encomenden cambiar a súa traxectoria descendente, por outra que lles leve a ser a lista máis votada de novo. (Recordemos que en 2003 foi a 1ª vez que o PP deixou de ser a lista máis votada fronte ao BNG)
– O PSOE: Logo de subir con Oscar Gerpe como nunca en 1999 e sufrir un forte retroceso en 2003 ¿que vai facer agora o PSOE? ¿Cambiará de candidato, buscando outro co que o entendimieto e convivencia co BNG logo das votaciones sexa máis posible? ¿Repetirá Oscar Gerpe? ¿Haberá unha lista completamente renovada?
– ACP de Sabariz: Inicia a previa electoral con parte do seu grupo en disidencia ¿ou o disidente foi el? Iso supoño que lle restará votos de entrada. Pero hai quen di que pode ter resultados moi bos, ou polo menos é o propio Sabariz quen di eso nesta web. ¿Será o grupo revelación ou se quedará como está, ou incluso fora do Concello por non acadar votos suficientes ?
– Maribel ??a dá escola?: entrar no goberno do Bloque con Molulo ¿restaralle votos dos seus votantes (non esquezamos que viña do PP, e algúns non estaban de acordo con que pactase co BNG, e menos habendo ? polo medio para ela), ou lle proporcionará novos votos? ¿O seu ??teito electoral? vai ser manterse con 1 concelleiro, neste caso concelleira?
– Para rematar, a lista independente de Extrugasa, ou calquera outra lista encabezada por algún industrial ou comerciante (típica de pobos pequenos que adoitan ter este tipo de listas independentes, que normalmente restan ao PP), que se presente ás eleccións e que agora mesmo non está representada no concello¿A que pode aspirar unha lista así en Pontecesures?
O comentario está feito: agora só falta que opinen vostedes… opinar é gratis ¿a que esperan?.
calamar · 8-07-2006 a las 16:55
Eu opino que a avaricia rompe o saco, e pontecesures o que sufre. Todos queremos gobernar, pero sen capacidade, sen decisión e o que e máis importante ser prexuizos, por que a maior virtude que ha de ter un bo gobernante e a imparcialidade, tanto pros que o apoiaron coma para os que non, e isto aqui non se ve. O noso goberno e pésimo, a xestión nula, e a vocación inexistente; pero o que máis me preocupa non son os gobernantes, senon a propia cidadanía que non ve mais ala do que lles gusta, e mentres non sexa suficientemente crítica, e analítica da situación política, isto seguirá a ser como un barco sen remos, esperemos que de aca a un ano abran os ollos. Pontecesures ten un gran potencial pero totalmente desperdizado, mentres os nosos xestores se preocupen de soldos, politica estética, exculparse de todo, e recriminar os demais non imos a bo sitio, xa son maiorciños pra recoñecer os seus erros, pra percatarse de que non valen, e facer o mellor que poden facer polo pobo, que é que se vaian,xa sei que asi non nos devolverán os séculos escuros das suas xestións maquiavélicas, pero almenos farán que isto non perdure polos séculos dos séculos. Quero facer unha mención especial a todos aqueles «socios» de goberno tanto os que foron como os que son, pra os que foron: ¿por que siguen mantendo esta situación? ¿abandonan o goberno pero no cambian? ¿que é iso mais que cobardía e desentendemento? e pra os que son: ¿Cal é a receita pra vender os seus ideales (si os ten) a camibio dun recuncho? ¿Por que se abraza tan fortemente o que noutro tempo era como unha silveira?
Recoñezo que non é facil gobernar,por que gobernar é un acto de xenerosidade e altruismo, e non todo o mundo vale pra facer isto. Ogallá nos encamiñemos e vexamos un pontecesures digno.
Bécquer II · 8-07-2006 a las 17:29
El tema del combustible
yo no lo veo acabado
terminará en el juzgado
nada resulta creíble.
Están todos asustados
los de la gasolinera
no encuentran la manera
para no ser emplumados.
A qué estará esperando
la dura oposición
para ejercitar la acción
que nos están anunciando
Luis Angel Sabariz Rolán · 8-07-2006 a las 18:58
Quero decirlle a «Martín T.» que cando a ACP entrou no concello en 1999 as Festas do Carme estaban bastante desprestixiadas (débedas de pasadas comisións co axente das orquestras, problemas coa recadación do libro, etc..). Tiñamos dous concelleiros e ocupámonos da delegación de Cultura e as festas foron potenciadas. Así en 2000 (presidente Moncho Ferriño), 2001 (presidente «Tote»), 2002 (presidente José Carlos Seoane) e 2003 (presidenta Mª del Carmen Lorenzo Pérez) houbo boas recadacións e boas programacións («Na Lúa», rock para xoves, París de Noia, Los Satélites, etc..). Moito traballo se fixo polos membros das comisións e con gran ilusión. Ademáis houbo unha gran claridade nas contas e non foi preciso que o concello aportara practicamente cantidade algunha. Eu colaborei en todo o que puden coa organización.
En 2004, e xa coa delegación de Cultura en mans do BNG, presidiu a comisión Cecilia Tarela que tamén fixo unha boa xestión e houbo unhas boas festas. Tamén colaborei dende o grupo de goberno.
Cando comenzaron os problemas foi en 2005 e as festas foron a menos xa que non se logrou formar a comisión e houbo que abrir deseperadamente unha conta bancaria para facer un programa de mínimos. Aínda que non era a miña responsabilidade a ACP implicouse para alomenos «salvar os mobles» e que as festas non desapareceran. Este ano xa todo o mundo coñece o que pasou.
Como resumo opino que non é xusto responsabilizarme da decadencia das festas. Traballei dabondo na súa organización e isto coñéceno os membros das respectivas comisións (ós que lle envío un saúdo) e os meus ex-compañeiros de goberno.
Luis Angel Sabariz Rolán · 8-07-2006 a las 19:11
Esqueciame «Martín T.» de comentarche de que tes razón de que o camiño da Factoria está en moi mal estado. O pasado ano propuxen a súa reparación (pretendía que se fixera un pavimento de pedra ou de adoquíns pois esta nunha zona noble). Pero como hai dúbidas de se o camiño pertence á finca do Alfolí ou ó concello quedou o tema pendente e non se inclueu na modificación de créditos de finais do pasado exercicio (ademáis houbo conversas para mercar o edificio do Alfolí para fins públicos). De tódolos xeitos os propietarios do Alfolí non puxeron problema algún e esperemos que a actuación se faga canto antes polo goberno municipal.
Martin T · 9-07-2006 a las 12:28
Sabariz eu non che estou resposabilizando a ti!! senon ao grupo de goberno e a toda oposicion!!non estou indo contra ti senon que estou indo contra todos os politicos que queredes gobernar e os que xa o estan facendo!!Polo asunto do camiño da Factoria non pido que se repare o camiño con pedra ou adoquins (ainda que me parece unha boa idea!) xa que sei eso de que non esta claro a quen pertence, pero polo menos o minimo que se podia facer mentres non se poñen dacordo neses temas é retiralas pedras soltas que ai polo camiño, se eu que son xoven xa torcin algunha vez o nocello ali, imaxinate se é
unha persoa mallor.
Vaticanista · 9-07-2006 a las 23:17
Sabariz é moi dificil que poidas coa peña do BNG en Cesures formada polo alcalde, concelleiros, traballadores, proveedores, familiares, amigos de conveniencia e outros. Me dixeron que procedes de Vilagarcía e debes encomendarte a Santa Rita de Casia avogada dos imposibles e que se venera na capital de Arousa para derrotar a toda esa tropa.
Luis Angel Sabariz Rolán · 10-07-2006 a las 09:31
Imos, «Martín T.», e deixar así o debate sobre os políticos e quédome coa opinión xeral que tes sobre nós. Hai que tela en conta.
As dúbidas sobre a propiedade do camiño da Factoría se comentan pero eu sosteño que é unha propiedade pública. O paso de xente é constante dende tempo inmemorial. Que lle pregunten senón ós veciños máis vellos de San Xulián, por exemplo. Vou solicitar, de tódolos xeitos, que se acodicione o firme provisionalmente e que se limpen as marxes que están cheas de herbas.
Efectivamente «Vaticanista», son nado en Vilagarcía de Arousa e celébrase alí no convento de Vista Alegre cada 22 de maio a festividade de Santa Rita pero, home, por estes temas tampouco fará falla encomendarse.
Bécquer II · 10-07-2006 a las 18:23
Angueira va de moderno
viste pantalón pirata
pero el gasoil lo delata
y su puesto no es eterno.
Trata de ir de colega
en el Náutico es el rey
pero no cumplió la ley
fracasó como estratega.
Randulfe informa al dedillo
a toda la oposición
lo hace con discreción
disimula pero es pillo
Vaticanista · 10-07-2006 a las 20:12
¿Sabedes que levou a imaxe da virxe do Carme na procesión do día 2 de xullo? Un obreiro municipal, o fillo e o senro do xefe da estación «A Palmeira. Os tres coñecen ben o tema do gasoil e xa comezan a facer penitencia. Iso esta ben pois Deus todo o perdoa.