Os Barcos do Exilio
Na Fundación Iniciativas 21, dentro da sección tódalas Galicias temos un artigo sobre os barcos do Exilio.
Introducción:
«Iniciamos a relación dos xenéricamente coñecidos como ??barcos do exilio? (en clara referencia aos buques, xeralmente de carga, que se puideron habilitar para o traslado dos refuxiados republicanos españois dende a Francia de Petain ata ao continente americano), cunhas notas sobre aquiles arribados a México.»
Neste artigo nomease a Juan Jeremías Montero (Xoán Xeremías Montero), nado en Pontecesures e que foi alcalde de Pontecesures, publicou no exilio, en México, o libro «El filo de la Traición».
Ver Artigo «barcos do Exilio«.
Para ver máis información sobre outros exiliados de Pontecesures temos máis información no libro «O exilio Galego: unha primeira achega«, no que atopamos a outros cesureños:
Eloy Carlés:
Estivo afiliado a Izquierda Republicana, mecánico e propietario de dous lanchóns para o carrexo de area. Estivo preso no 1936, e o saír do cárcere fuxiu a América, voltando en 1943, residiu no Grove ata a súa morte.
Andrés Colombo:
Naceu o 23/06/1911 en Pontecesures. Entre 1931 e 1936 publica os seus debuxos en semanarios madrileños como a revista «nosotros», dirixida por César Falcón, e noutras publicacións galegas.Durante a súa mocedade comenza unha actividade sindicalista que lle condicionará posteriormente a fuxida tralo alzamento en xullo de 1936. Era secretario do sindicato de oficios varios afiliado á UGT. Posteriormente trasládase a Santiago e toma contacto con S. Montero Díaz, Seoane, Maside (tamén Cesureño), Dieste, o escultor eiroa, Pepe Caamaño, Sixto Aguirre, etc. Durante a revolución de 1934 foi detido en ingresado no cárcere de Santiago de Compostela, consigue a liberdade a través da súa familia e vai para Madrid. Estará na capital entre novembro de 1934 e febreiro de 1936, e volta a Galicia ante o triunfo do Frente Popular.
Pertence a Izquierda Comunista Española e posteriormente ó POUM. A represión franquista iniciada co golpe de xullo de 1936, e segundo a súa testemuña, costou en Padrón ó redor de 60 fusilamentos nos primeiros días da rebelión. Ante esta situación vai para Vigo ca idea de sair de España, ainda que aconsellado por un amigo da familia vai para o Balneario de Molgas onde, pensaba, podía pasar desapercibido. Pero tras comprobar a inseguridade do lugar sae para Zaragoza. Alí, gracias á axuda dun falanxista padronés, Ubaldo Pazos, consegue documentación que o facía persoa próxima ó Movemento Nacional, no caso de que tivese problemas.
De Zaragoza sae cara á zona republicana o 1º de Novembro de 1937, acompañado dun ferroviario comunista. Chega a Valencia onde estivo un mes, logo, e tras pasar pola fronte de Toledo chega finalmente a Figueres.
En Febreiro de 1939 cruza a fronteira francesa a pé ata que chega as costas francesas onde foi instalado o campo Argeles sur Mer. Cando logra sair do campo vai a Perpignan e despois a París onde é detido para ser enrolado la Lexión Extranxeira, pero logra escapar e toma un autobús cara o sur. Novamente é apresado e volta de novo ós Argeles (neste momento utiliza outro nome: Avelino Alvarez Espinar) para formar parte dunha compañía de «traballadores españois» para traballar nos montes do departamente de Ardenes.
Axudado por un pariente, primo do seu pai que fora cónsula de Cuba na Coruña, que lle facilita a documentación que o fai súbdito cubano. Posteriormente estivo traballando como obreiro no Porto de Burdeos e como peon no campo de aviación de Merignao. Dificultades neste traballo fan que se traslade a Lyon onde pasa días críticos de fame e represión.
Xa rematada a II Guerra Mundial consegue marchar a España, en concreto a Valencia onde vivía un irmán del. Despois pasa unha tempada no Sanatorio de antituberculosis de Boltaña (Huesca), pouco máis tarde vai a Zaragoza e volta a ser perseguido polas autoridades franquistas. Esta nova persecución fai que saia de novo cara a París, onde coñecía a un grupo troskista e despois regresa a España para ser detido e levado preso á cárcere de Figuera, para ser xulgado por un tribunal de espionaxe e alta traición. Despois foi trasladado ó cárcere de Gerona (dous anos) e dalí o traslado á Modelo de Barcelona. Unha vez máis, gracias a intercesión de Ubaldo Pazos, xa ex-falanxista nese momento, sae do cárcere.
Retoma a súa actividade pictórica a comenzos dos anos 60, facendo unha exposición de pintura en Valencia e tres de debuxo en Madrid.
En 1969 participa nunha exposición de pintura española colectiva en Holanda no museo Delft. En Barcelona foi seleccionado, durante tres anos consecutivos, para o premio internacional de debuxos Joan Miró. En abril de 1979 preséntase no World Surrealist Exibition de Chicago.
O museo de Lugo conta cun debuxo de Colombo e o Carlos Maside de Sada con diversas obras de pintura e debuxo.
2 comentarios
DANIEL SEIJAS · 7-07-2006 a las 00:36
juan jeremias montero foi alcalde na II Republica en Pontecesures,que botou case todo ese periodo.Non naceu en Pontecesures,creo que foi en Santiago, tiña un comercio de ultramarinos en Cesures.
Antonio Cortés · 7-07-2006 a las 08:44
Daniel, segundo o libro «O exilio Galego: unha primeira achega» naceu en Pontecesures, ainda que algúns datos de este libro están incompletos, polo que non sería raro que fose incorrecta a información deste libro.
Aquí podese ver a páxina do libro : «Ver Páxina»:http://books.google.es/books?vid=ISBN8495415429&id=fJDYwOj_u9IC&pg=RA314-PP1&lpg=RA314-PP1&dq=pontecesures&sig=f0lZ-ajubqUD2WNwFH-kPF2Gb6o