Sabariz sostén que a «incapacidade» de Angueira fixo perder as axudas para marquesiñas
O portavoz da Agrupación Cidadá de Pontecesures, Luis Ángel Sabariz, segue a poñer sobre a mesa exemplos de como o goberno local deixa escapar a posibilidade de conseguir subvencións. Desta volta é a conta das marquesiñas.
Ao concelleiro sorprendeulle que na relación que acaba de facer pública a dirección xeral de Transportes sobre os beneficiados con subvencións para a compra de marquesiñas si figuran Valga e Catoira, pero non Pontecesures.
Lembra Sabariz que sendo é concelleiro delegado de Infraestruturas – na etapa na que era socio de goberno do BNG – se interesara ante Transportes por acadar financiamento para instalar dúas marquesiñas nas paradas de autobuses da rúa José Novo Núñez e a avenida de Vigo.
«Este concelleiro quere denunciar unha vez máis a incompetencia e o desinterese do alcalde de do goberno local. Outro despropósito propiciado ou pola incapacidade de xestión ou pola desorganización administrativa fomentada polo alcalde».
Sabariz lembra que o Concello xa perdeu subvencións para contratar persoal e para a praza de abastos.
:: La Voz de Galicia ::
0 comentarios