BALONCESTO: SABADO 26 AS 17 H. 1º PARTIDO DAS SEMIFINAIS DA COPA SENIOR
CAMBIO NA HORA DO PARTIDO: PASA A XOGARSE ÁS 17H. MOTIVADO POLA IMPOIBILIDADE DE PODER CONTAR CON ARBITROS NO OUTRO HORARIO.
Este vindeiro sábado 26 a partires das 17 h. o Extrugasa Rio Ulla xoga o partido de ida das semifinais da Copa Senior Arousana.
O rival é o C. B. Meco de O Grove. Equipo caracterizado pola súa xuventude e rapidez no xogo, frente a un equipo coma o Extrugasa mais veterano e físico. As nosas intencións son coller unha diferencia o mais amplia posible para acudir o seguinte fin de semana ó Grove co resultado ó noso favor, e tratar de acadar o pase á final, inda que vai ser dificil, pois O Meco ben de gañala liga do Grupo A de Arousa.
Por eso dende este medio facemos un chamamento para que os afeccionados acudan a presenciar este partido, este sábado ás 17 h., sendo a entrada, coma sempre, de balde.
Outros horarios dos equipos:
Copa Xunior Femenina-> Sabado as 10 en Marín: BBM – Extrugasa Rio Ulla
Alevin-> Sabado ás 16.30 h. no Grove: O Meco «A» – Extrugasa Rio Ulla
1 comentario
fru · 27-05-2007 a las 11:08
Resultados da xornada:
Xunior femenino: BBM 21 – Extrugasa 31
Alevín: O Meco 2 – Extrugasa 10
Senior: Extrugasa 57 – O Meco 82
Neste último partido, ida das semifinais de copa, o Extrugasa sufriu un duro correctivo ante un equipo que impuxo a sua mellor condición física e boas porcentaxes no tiro exterior (10 tripas anotadas). O Extrugasa empezou moi frio, sen coller o ritmo do encontro e os do Grove foronse a un 6 – 25. A partir de ahí o acerto de Pepi serviu para reducir diferencias (20 – 36), para na 2ª parte chegar a acercarse a só 8 puntos (35 – 42). pero as faltas persoais e o cansancio, pesaron e o Grove sentenciou cun parcial de 5 a 22 entre os final do 3º cuarto e os primeiros minutos do ultimo (39 – 64). Nos derradeiros minutos houbo un intercambio de canastas que deixou o marcador nun 57 a 82.