Programa de balnearios da Deputación de Pontevedra.
O concello de Pontecesures participa no Programa Diurno de carácter lúdico no Balneario Termas de Cuntis-Quenda de Outono, que organiza a Deputación de Pontevedra, poñendo 20 prazas a disposición dos veciños/as que cumpran os requisitos de participación.
O Programa facilita a asistencia ó Balneario de Cuntis durante unha semana (de luns a venres) incluíndo o transporte e a estadía de 2 horas diarias durante as que se poderán utilizar as instalacións do balneario incluídas no programa. A quenda desenvolverase nos meses de setembro, outubro ou novembro.
Os/as participantes teñen que aboar 3,60 ?/día, isto é 18 ? (inclúe os traslados en autobús e o uso das instalación do balneario).
Requisitos:
* Estar empadroados/as e ter domicilio en Pontecesures.
* Valerse por sí e non padecer alteracións de comportamento nin enfermidade infecto-contaxiosa.
* Cumprir algúns dos seguintes requisitos específicos:
** Seren pensionista, ou
** Seren coidador/a principal dunha persoa dependente, ou
** Teren 50 anos cumpridos.
As solicitudes presentaranse acompañadas do DNI, Certificado de empadroamento, Informe Médico, e outros documentos que acrediten as circunstancias alegadas na solicitude.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 4 de setembro.
Para máis información poden dirixirse ó Servicio Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures os luns, martes e venres de 9 a 13,30 horas.
6 comentarios
Paspallas · 21-08-2007 a las 23:35
E o que lle queda a Sabariz, marchar para o balneario a tomar as augas, na política local quédalle pouco….
Luis Angel Sabariz Rolán · 22-08-2007 a las 09:41
Home, «Paspallas», envíasme a bo sitio porque as augas do balneario de Cuntis son moi saudables e moi adecuadas para a reflexión política. Fas un prognóstico pesimista sobre o meu futuro como concelleiro e, naturalmente, hai que respectalo.
basta · 22-08-2007 a las 17:44
Luis Angel Sabariz Rolán, se fai esa afirmación basandose na experiencia, espero que ningún político se achegue por Cuntis.
Tiroliro II · 22-08-2007 a las 18:44
Si, si, si, Sabariz vai purgar as penas en Cuntis con aquel Eduardo que foi alcalde socialista de alí e que lle deron a patada por non sei que líos do partido e da xustiza….
Luis Angel Sabariz Rolán · 22-08-2007 a las 22:03
Non entendo ben o teu comentario «basta». Tamén quero dicirlle a «Tiroliro II», que, politicamente, non teño previsto facer penitencia. ¿Por qué tería que facela?
Paspallas · 22-08-2007 a las 23:44
Pero Sabariz cala un pouco dunha vez, oes tamén podes ir tomalas augas O Carballiño, alí hai un lío de moito collón co bng e o PP facéndolle pinza a un delfin socialista de Pachi Vázquez, os pactos, que pactos de progreso nin que carallo, andas a ostias pataqueiras en todas partes.
Quintana anda co himno a voltas como na epoca de franco e agora fai papadas para dez mil vellos, moi ben o progresismo voto=baile+papada+ borracheira….pagamos todos esa e a educación para a cidadanía….os salvadores da terra….si si si