A 3.248 ? ascende a restauración do cruceiro da Praza dos Valeiros de Porto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A empresa CASTELO OBRADOIRO DE PEDRA de Picaraña-Padrón enviou ó concello o orzamento da rehabilitación deste emblemático cruceiro cuia cruz foi derrubada ao montar un palco dunha orquestra na tarde do día 24 de agosto (Festas de San Roque de Porto). A cruz parteuse en vinte anacos e agora vaise restaurar.

O orzamento foi enviado á compañía aseguradora da empresa causante dos danos e tamén se vai elaborar, pola empresa que vai facer os traballos, unha memoria das tarefas a realizar para remitir á Delegación Provincial de Cultura que ten que dar o visto bo á actuación.

O equipo de goberno do concello de Pontecesures, está tratando de activar tódalas cuestións para que o cruceiro sexa arranxado canto antes como demanda a cidadanía.


2 comentarios

Terabyte · 15-12-2007 a las 20:08

Eu non o vin, pero si só foi en vinte cachos, tampouco é para tanto.
A administración que no ámbito sanitario ten as colas que ten, ¿qué agardamos se o ámbito de actuación é a recuperación do patrimonio cultural?
Que traian os cachos do cruceiro que seguramente hai xente na Asociación cultural do S.R. de Porto disposta a arrombalo.
Pasan os veciños pola praza dos Valeiros e «por defecto» persignanse como se o Crucifixo alí estivera, esto é unha «adoración defectuosa»; ¿ante quén se persignan?.
Castro Barreiro ¡por favor! apura o Cruceiro.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-12-2007 a las 20:33

Tes toda a razón na crítica «Terabyte». Alá por setembro díxenlle a un amigo: «Dame a impresión de que vai chegar a noiteboa, aínda non teremos o cruceiro arranxado e, os veciños de Porto terán toda a razón par a queixarse». Pois, desgraciadamente, vaise cumprir o que dixen.
Arranxáronse os problemas coas compañías de seguros (van a cubrir a totalidade do custo do arranxo), pero, parece ser, que se presentou con moito retraso o proxecto por parte da empresa que vai a acometer o arranxo na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Eu chamei alí varias veces para activar a autorización da administración autonómica. Haberá que seguir facendo xestións na semana próxima.
Naturalmente, pídolle disculpas ós veciños na parte que me corresponde.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.