Mostra «Novas Poéticas» da artista plástica Matilde Allones no Casino de Padrón.
A exposición terá lugar entre os días 29 de setembro e 16 de outubro no Casino de Padrón.
Matilde Allones é unha polifacética artista padroexa. Xa súa nai tiña arte de pintar e destacaba polas súas cualidades nesta faceta.
Os tres fillos xa destacan e xogan coas poéticas novas diferentes. A ela, góstalle reunilos e os temas culturais levan a voz cantante sempre: canto, piano, fotos e demáis tendencias, sempre facendo innovación. Non para de facer mostras e de estudar.
O vínculo coa USC en Arte, é moi próximo. A filosofía, cando o tempo llo permite, é unha das súas preferencias. Parente de Ortega, polo seu avó materno. Estudos de 4ª de Humanidades.
Profeta na súa terra, é unha artista completa. Imparte talleres aos nenos con material de reciclaxe. Déixaos que fagan arte e inícianos na música, pois é pedagoga musical.
Os seus escaparates se renovan e sorprenden gratamente aos visitantes, peregrinos que deixan notas explicativas é suxerentes.
Participou con catro tendencias nos mellores premios. Escritora en língua galega, lembra sempre aos grandes sempre nas súas presentacións. Rosalía é o seu referente.
Prepara con tiento a obra para amosar no Convento do Carme (Padrón). Ela non para de aprender. A súa paixón é a música e o folclore galego. As súas improvisacións ao piano xa se deixan oír e a súa voz vaise educando.
Por iso o arte contemporáneo inunda o se estudo. Recicla e fai arte coas caixas….Vai máis aló do seu tempo en todo. Non hai quen a pare ou alcanze xa.
Por iso esta oportunidade de ver obra nova é perfecta para estudar á artista, xa que pronto se incorporará ás súas clases na USC, e non a veremos ata a primavera. Nos seus plans: viaxar, París (onde reside a súa primoxénita que ten dotes artísticas), etc..
E socia de ARGA, do Museo do Pobo Galego, e da Asociación de Artistas de A Coruña, de SAF.
0 comentarios