Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sucesos

Accidente de circulación dun dos adestradores do CB. Pontecesures

Por Antonio Cortés ·

O venres 28 de setembro sobre as 22,45 horas cando circulaba o vehículo de Alberto Solla Barreiro pola estrada nacional N-550 en dirección Valga-Pontecesures, colisionou con outro que saía da estación de servicio de Redondo. O impacto foi espectacular e o vehículo de Alberto Solla volcou quedando coas catro rodas para arriba.

No hospital â??La Rosaledaâ?� de Santiago permanece Alberto dende o venres con danos na zona das cervicais (non parecen de gravidade), mentres o outro conductor resultou ileso.

Desexamos un pronto restablecemento de Alberto Solla, que é adestrador de categorías inferiores do equipo de baloncesto de Pontecesures.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.