Presentación de libro por parte dun ex-policia local de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O venres día 5 de outubro ás 20,30 horas, Manoel Xosé de Oliveira, presenta o seu libro “RETAZOS DE ESPERANZA” ,Poemario de silencios, no Centro cultural “Nautilius” de San Andrés de Comesaña (Vigo), intervindo no acto Amante Romero Alvarez, Andrea Fernández Maneiro, Xermán Torres de Aboal e Severino Cardeñoso Alvarez.
Manuel Olveira, nado en Vilagarcía de Arousa, foi durante bastantes anos policía local de Pontecesures xubilando por enfermidade en 1999. Deixou unha grata lembranza entre os traballadores do concello que celebran agora a súa adicación ás actividades artísticas.


1 comentario

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-10-2007 ás 10:18

Noraboa a Manuel. E un exemplo de superación para todos.

Deixa una resposta a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.