Donativos para as Festas co Carmen 2026. Carta da alcaldesa aos veciños.

Publicado por Redacción o

Prezada veciña, prezado veciño:

Os vindeiros 3, 4, 5, e 6 de xullo celebraremos o principal evento festivo da nosa vila, as Festas do Carme. Ao impacto social e cultural que as mesmas teñen en Pontecesure hai que sumarlle o revulsivo económico que supón para os comercios locais.

Como ven sendo habitual, será o propio Concello de Pontecesues o que planifique e organice dito evento. Có obxectivo de poder celebrar unhas festas que, por unha banda, conteñan actos e actividades dos que poidan desfrutar os cativos e cativas, a mocidade e a poboación adulta e, por outra, situar unha das principais celebracións de Pontecesures no lugar que lle corresponde, o equipo de goberno que dirixo leva tempo a traballar na programación das festas do ano 2026.

Se ben será o Concello de Pontecesures quen faga fronte economicamente aos gastos derivados das celebracións, a colaboración veciñal pode contribuir a desenvolver unhas mellores festas das que imos desfrutar todas e todos.

Por iso, diríxome a vostede para informarlle, por se é do seu interese contribuir co seu donativo para a celebración das festas, que o Concello de Pontecesures mantén unha conta bancaria aberta en ABANCA da rúa San Lois da nosa vila, destinada exclusivamente a recoller as achegas económicas que veciñas, veciños, casas comerciais e negocios desexen efectuar.

Conta corrente en ABANCA

ES41 2080 5112 6931 1000 6261. Asunto: donativo das Festas do Carme.

Agradecendo a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.

A alcaldesa-Presidente

María Teresa Tocino Barreiro

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.