Comezo do «catecismo» 2007-2008.
O vindeiro domingo día 14 de outubro comeza o «catecismo» 2007-2007 na igrexa de Pontecesures.
O día anterior, sábado día, 13 ás 17 horas os/as catequistas terán unha xuntanza no salón parroquial (a edificación existente no adro) para programar as actividades.
13 comentarios
Cara de cona · 7-10-2007 a las 19:43
Faime pensar esta entrada do catecismo de sabariz, como anda sempre en todo, non fara de catequista? Era o que lle faltaba…
SanXulian · 7-10-2007 a las 21:12
Posiblemente «CdC» Don Luis Angel fixera moi bo catequista, xa que se compromete seriamente con todo o que fai, e co catecismo non ía a ser menos, xa que él sabe que un «espiritu ben formado» é primordial para hoxe en día.
Por outro lado no día de hoxe don Arturo parece que tivo especial interés en destacar o difícil que é ser cristián, e non tanto selo, senón demostralo, case se diría que don Arturo estivo en contacto con «un chien andalous» cando éste lle recordou á señora Alcaldesa á dificultade que supón ser cristián e político á vez, no caso do despido da traballadora do servizo de limpeza do concello.
Tuso · 8-10-2007 a las 12:29
Es absolutamente imposible para un político ser un hombre religioso, porque los caminos de la política y de la religión son diametralmente opuestos.
Cita de «Sacerdotes y Políticos: La Mafia del Alma» (OSHO)
UROROCK1 · 8-10-2007 a las 14:51
SanXian. Estas tan seguro de que o Sr.Sabariz se compomete dese xeito con todo o que fai. Haber como van as obras dos camiños de San Xulian, as obras do clube nautico, e demaís que levan case un ano empezadas e a todos nos perxudica tanta demora. Non é él o responsable delegado da Alcaldia para estas obras?
Luis Angel Sabariz Rolán · 8-10-2007 a las 15:09
Saes de tema, «UROROCK1», para interpelarme. Serías un bo concelleiro/a da oposición. Ambalas dúas obras foron adxudicadas pola Dirección Xeral de Deportes (o Club Naútico) e pola S.A. de Xestión do Xacobeo (a de San Xulián) con dirección de obra deses organismo. E certo que a obra do Náutico vai lenta, pero dentro dos prazo de execución previstos. O mesmo ocorre na da San Xulián, aínda que aquí se van facer unhas ampliacións do camiño xurdidas «a posteriori» e para iso o concello xa ten os documentos de cesións dos particulares. Nesta rúa Pilar de San Xulián tamén ocasionaron retrasos uns problemas xurdidos cos servizos (Telefónica, Unión Fenosa, etc..).
Por certo; sobre o retraso da obra do Camiño Portugués da Ruta Xacobea, interesouse, no pleno ordinario do día 24 de setembro, a concelleira nacionalista Margarita García Castro e se lle respostou no mesmo pleno (non como se facía antes do 16 de xuño por parte do Sr. Alvarez Angueira).
UROROCK1 · 9-10-2007 a las 08:30
Grazas por a aclaración Sr.Sabariz pero amín gustaríame estar con vostede, e na defensa do ferrocaril, maís ainda. Para o que necesites conta conmigo. un saudo e gracias polo talante, deta vez.
UROROCK1 · 9-10-2007 a las 08:33
Sr.Sabariz seria mellor gobernando que na oposición, e ti sabelo ben, sempre é maís doado gobernar que estando na oposición. E Eu non estou nesta oposición. Un saudo.
Luis Angel Sabariz Rolán · 9-10-2007 a las 17:45
Outro saúdo para tí «UROROCK1». O labor da oposición é moi importante nun concello. E certo, que, as veces, o traballo da oposición non se percibe polos cidadáns e iso resulta un tanto descorazonador. Pero se a oposición propón cousas interesantes, e se fiscaliza á un goberno iso ten moito mérito.
basta · 9-10-2007 a las 19:14
Pois eu creo, con todos os meus respetos, que o máis difícil é o labor que está desempeñando agora o Sr. Sabariz. Facerlle unha oposición silenciosa á alcaldía, dando ideas e fiscalizando, como dixo fai un pouco, controlando aos seus socios de goberno, e gobernando o que se pode. Difícil situación.Nin dentro nin fóra, aguantando o chuvieiro. Pouco pastel e moitos a repartir, e ao mesmo tempo non anda tranquilo.Un tripartito non é cousa fácil, e este peor.
Un saúdo Sr.Sabariz. Sorte. Resúltame vostede moito máis simpático gobernando que practicando aquela oposición, opino, desmesurada.
Luis Angel Sabariz Rolán · 9-10-2007 a las 21:13
Home, «basta», parece que queres transmitir que vou ser un inspector dentro do grupo de goberno. Nada de iso, pode que non me entenderas ben. A labor de fiscalización deberán facela os que non gobernan.
Agora ben; que haxa confianza nas persoas non significa dicir «amén» a todo, por suposto.
basta · 9-10-2007 a las 22:13
Entendinlle ben Sr. Sabariz. Confío e espero que faga polo menos un pouquiño de inspector, para que polo menos, a alcaldesa non cometa (de ser certos) aqueles erros que fai meses cometía(según vostede).
Non olvidamos a súa labor na oposición, e daquela a Sra. Castro tamén foi peneirada pola súa peneira.
Teño que decir que este goberno pinta ben (pintades ben os tres) alomenos para o mal que comezachedes.
Un saúdo e sorte.
Paspallas · 9-10-2007 a las 22:58
Vexo a Sabariz mais ben de templagaitas entre Randulfe e a da Escola, non se queren ben o do bigote e a marquesa de Infesta , con permiso de Isabel a de Chaves, van saltar chispas pronto polo protagonismo, sabariz ten que facer de árbitro, Suso Rey de línea, aínda que o vexo algo fondón, non fodón entendede. Na outra banda Quintá fillo, Diz de cuarto árbitro que como sabemos non fai nada…..
paleto · 8-11-2007 a las 21:31
Ajora quee tempo de misas e difuntos e bo momento pra recordar k Anjeira na politica leva uns cantos mortos ó lonbo:
O parracho. ¿qen o chimpou da política? O deste ome foi estrano. Resusitouno o carto da cultura, pero agora xa non tá. ¿perdeuse no monte Jaias de Fraja? Onde andará…
E de Lois Xil o da Charca e Canducho o aviador que desimos. Homes de convinsions firmes e con personalidade propia. Qen os mandou a paseo para quedar de UNICO?
E o taberneiro do bar que leva anos que reneja dos do bloque. Tomade un viño e sacade o tama da política xa veredes coma vos di que prefire sen mil veses o deajora.
E hai casos mais resentes:
Ana a filla de Jose o carpinteiro. Chimpada e molesta con este partido BNJA ja ja ja. Outra q pintaba menos que la UJT con Franco, sempre quedará o dos ??motivos personales?, q qeda q nin Dios, pero é unha forma fasil de decir aki nin me keren, nin kero estar.
E a filla de juan Tosino. Muller de partido, e relejada a postos de cola, non fose ser o demo que quixera ser aspiranta. Q contenta está, da justaso vela.
E sorpresa, o outro dia no seminterio falaronme dos fillos da xaneira, que lles diron a patada do jrupo, tan que trinan, pero din q os paxaros son os outros. Tanta devoción havia e dun dia pa outro as maletas na porta.
Canto tardará Sesilia a cocha en ser a sejinte? Ou acabará sombi sen enterarse de nada.