Renfe desmantela servizos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Como usuaria, levo moitos anos aturando a nefasta política de servizos que Renfe presta e considero un grave insulto a publicidade que a empresa fai nos medios de comunicación : véndennos fume. Agora, informada dos novos horarios para a liña Vigo-A Coruña e traxectos menores, quixera expresar a miña indignación ante a evidencia do desmantelamento dos servizos ferroviarios.

Trátase duns horarios que desvirtúan a realidade: fan crer que se amplían os horarios cando en realidade deixan sen tren a milleiros de persoas que o empregan nos seus desprazamentos, e como mostra, o caso da última modificación de horarios que recentemente entrou en vigor.

Unha hora máis terán que agardar os usuarios que antes collían o tren Vigo-Santiago que partía ás 21,40 horas e que agora sae ás 22,30. Tratábase dun tren moi servizal que contaba con moita afluencia de pasaxeiros, pois conicidía co horario de peche dos comercios, negocios e academias. A esas horas da noite nas que nada apetece máis que chegar á casa, ninguén pode permitirse o luxo de agardar a demora de 50 minutos que agora Renfe impón.

Esta escura manobra equivale a suprimir a actual liña. De luns a venres fará só o traxecto ata Vilagarcía, xa non ata Santiago coma antes. Suprimen de todo a liña os sábados. ? de sentido común que muden os horarios daquelas liñas que carecen de usuarios para ver de captar máis, pero vai contra tódalas normas de márketing público a modificación dunha liña tan demandada e que xa conta con público fixo.

Estas ilóxicas modificacións obrigarán a que moitos destes usuarios se decidan polo emprego do vehículo privado nos seus desprazamentos a Vigo. O tren é unha alternativa á praga de accidentes nas estradas que estamos a vivir, amais dun medio máis ecolóxico que o coche. Temos que tomar conciencia deste grave asunto e potenciar o tren de cercanías como medio alternativo, para ben da sociedade.

Carta ó director de LA VOZ DE GALICIA de Elsa Quintas Alborés (Redondela)


1 comentario

maradona · 15-10-2007 a las 01:57

Hola con relacion o tren de cercaias quero decir que o desmantelamento do servizo creo que se via vir fai moito tempo, e nadie lle deu a suficiente importancia ata agora. E creo que xa he demasiado tarde: os nosos politicos acordanse de santa barbara cando tron. Un saludo

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.