Lidia Gallas: “O mellor da radio é o contacto coa xente”

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Entrevista en 3 minutos con Lidia Gallas, locutora de Radio Valga e pandereteira.

Moita xente das ribeiras do Ulla coñece de vista a Lidia Gallas, pero é moita máis a que recoñecería a súa voz en calquera lugar, xa que traballa como locutora en Radio Valga. Ademáis é veciña de Cordeiro, onde vive desde que tiña dous anos e medio, xa que naceu en Vigo.

¿Como chegou a ser locutora de Radio Valga?

Todo foi pura casualidade, no sentido máis literal. Necesitaban a alguén e falando co director, propuxéronmo. “E se probas?”. A min gustábame, pero tampouco sabía se ía valer. Iso foi un sábado e o luns fixen a proba (tiña que levar catro cancións e presentalas) cunha voz de durmir pouco, pero colléronme.

¿ Canto tempo hai diso?

Pois debe haber catro ou cinco anos. O tempo pasa moi rápido¡

Porque vostede non ía encamiñada ó mundo da radio, non?

Non, estudei Educación Infantil.

Imaxino que pretendería preparar unhas oposicións…

Non, non. Oposicións non, porque non podería a nivel persoal. Tiña pensado buscar traballo nunha gardería, no ensino privado…O da radio sempre me gustou, pero non sabía se ía valer.

E agora vese moi contenta. Que é o que máis lle gusta do traballo?.

O contacto coa xente. ? principio dicíanme pola rúa “ai, non sabía que eras ti”. Antes ó era en Valga, pero logo pasoume en Cesures, en Padrón.. Unha vez ía por Padrón, escoitei a miña voz nunha cuña e fíxoseme moi estraño. Agora xa estou acostumada.

Algunha anécdota curiosa?

Unha media declaración amorosa por teléfono. Pero logo entereime que non era a única.

Entrevista de Chus Gómez. DIARIO DE PONTEVEDRA 18/10/07


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.