Avelino Pousa Antelo: «Por Castelao fíxenme galeguista de por vida».
D. Avelino, foi moitos anos profesor do Colexio Infesta e ten unha rúa adicada en Pontecesures.
??Todas as homenaxes recibidas son a recompensa a unha vida de total fidelidade, a un ideal e ás miñas actividades?
Avelino, vostede sempre estivo moi ligado ao mundo do campo e da natureza, ¿como e cando nace ese amor polo campo e todo o que o rodea?
Eu nacín o 14 de maio de 1914, na parroquia de San Xoán de Barcala, do concello da Baña. Alí vivín os meus anos de neno, os anos de gratas lembranzas. Meus avós maternos eran labregos da aldea de Arzón, e meu pai era un comerciante de tecidos da zona de cerca do Carballiño, en Ourense, e na época de primavera recorría toda a zona da costa. Un día tamén chegou a Barcala, onde coñeceu a miña nai, que era filla única de Ramón o do Peto. Eu sería despois Lucho o do Peto, porque a min, coma ao meu pai, puxéronme Avelino, pero en vez de chamarme Avelino pequeno, chamábanme Avelucho, e a xente deixoume en Lucho, Lucho o do Peto. Con este pseudónimo escribín as primeiras colaboracións literarias, pequenos poemiñas, en órgano da federación agropecuaria de Negreira, nos anos 30, que se titulaba A voz da Barcala e que se publicaba na imprenta Nós, no número 15 da rúa do Vilar (Santiago de Compostela), onde eu traía os orixinais, para que non se tivese que desprazar outros membros da fundación. Aí empecei a tratar eu a aquel home extraordinario que foi un amigo entrañable, e un conselleiro meu, que foi Ánxel Casal.
Tivo varias etapas na sua formación, dende o Seminario ata a escola de maxisterio. Tamén estudou comercio en Lugo e acabou na Misión Biolóxica, ¿con cal destas etapas queda vostede?
Quedo con todas. Eu estiven no seminario cinco anos, e fixen seis cursos. Fun un estudante bastante bo, e entrei no seminario porque tamén estaba o meu irmán maior facendo primeiro de Teoloxía. Eu, cos meus dez anos, fun para alá. Meu irmán deixou o seminario cando eu estaba no segundo curso, e meu pai quería que o deixara para que fixera o bacharelato, pero eu non quixen porque daquela parecíame que tiña vocación, algo que non logrei ter, aínda que eu rezaba todas as noites… Despois si que quixen saír, e aproveitei a proclamación da República para escribirlle a meu pai para que me sacara do seminario, dicíndolle que alí corríamos perigo, que lle poderían prender lume ao edificio… unha pura invención, aínda que o meu pai tomouno en serio e sacoume de alí. Non me querían deixar dentro aínda que no seminario xa me tiñan reservada a praza. Tras o meu paso polo seminario fixen o ingreso na escola normal, dentro do Plan Cultural, que nos lle chamabamos o plan carallada, e despois fixen tres cursos por libre. Un telegrafista de Negreira deume cursos de francés para poder aprobar a materia. Eu fraqueaba un pouco nas ciencias e nas matemáticas. Ademáis, tiven un profesor de matemáticas que nin sequera sabía facer regras de tres? No último exame para facer o ingreso na escola, tanto en ciencias como en matemáticas, fixen o ridículo. No cuarto curso, de máis de 70 compañeiros, as notas poñíanse en común, e facían unha lista coas melloras notas, e eu, nese cuarto curso, fun o número un da promoción. Tiña fama entre os compañeiros e profesores de home sabedor. Xosé Toba Fernández foi o mellor profesor que tiven, foi concelleiro galeguista en Santiago, xunto a Ánxel Casal, un home extraordinario daquel tempo, del aprendín o mellor, e foi o que guiou a miña formación pedagóxica como ningún dos outros profesores que tiven en toda a miña andaina.
Vostede recibiu numerosas homenaxes e recoñecementos como a Medalla Castelao, un home que vostede veneraba; a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago, ou unha emotiva homenaxe que lle fixo a Asociación de Escritores en Lingua Galega, no Museo do Pobo Galego. A próxima é a que está a piques de recibir este sábado como fillo adoptivo de Teo… ¿pódese dicir que todos estes recoñecementos lle compensan no nivel persoal o padecido nos anos escuros de illamento?
Non cabe dúbida de que esta é un recompensa a unha vida de fidelidade, a un ideal e as miñas actividades, que, como non podían ser políticas, derivaron cara ao agrarismo e o cooperativismo. Porque unha das etapas da miña vida, tras dirixir a escola Barreiros, tivo que ver con isto. Tras facer o reingreso en Maxisterio, marchei a Canarias 4 anos, onde traballei na mellora dos millos e gañei un montón de amigos que aínda teño na actualidade. Chamoume un amigo de Canarias da Misión Biológica, Xosé Luis Blanco, que vive hoxe en Barcelona, e seguimos sendo hoxe amigos entrañables. Chamoume un 18 de xullo dicíndome que o nomearan director técnico da empresa Semillas Selectas. Cando souben del foi para dicirme que quería que fose o seu segundo de a bordo para dirixir as promocións. Eu, que estaba a gusto en Canarias, non podía vir en vacacións, porque tamén traballaba como técnico. Ao final decanteime por abandonar Canarias e collín a excedencia, para marchar con este amigo a Zaragoza, onde diriximos unha empresa gandeira que chegou a ter máis de 1.000 reses vacúas. Alí estiven 6 anos, pero despois tamén me cansei.
Como vostede di, o agrarismo forma unha parte moi importante da súa vida. Tamén o foi o sentimento galeguista, que naceu en vostede moi novo cando escoitou a Castelao nun discurso no teatro Principal en Compostela… ¿Que recorda daquela?
A miña inclinación política era galeguista. Recordo que anunciárase en Santiago o mitín de promoción galega no teatro Principal, onde fun con Ubaldo Vázquez. Nese mitin falaran os homes máis importantes do galeguismo da época, como Antón Vilar Ponte, Álvaro de las Casas, Valentín Paz Andrade? e pechou o mitin Castelao. Ao escoitalo saín de alí marcado como galeguista de por vida e xa ve, ata hoxe.
¿Como vai vivir a homenaxe que lle teñen preparada para este sábado en Teo? ¿Que lles vai a dicir a todos eses veciños e amigos que o van a acompañar?
Primeiro agradecerlles aos que me propuxeron para a concesión deste título. Eu tiven unha colaboración especial en Teo, acabado de chegar hai uns 17 anos aos Verxeles, pero antes fora a Teo coa extensión agraria de Padrón, e o director desta asociación, que se chama Xulio Martín García, veu traerme unha referencia destes actos. Entón vou a ler o que me contou Xulio, en vez de relatar eu a miña propia experiencia. E si, efectivamente, creo que vou a estar rodeado de moitos amigos e coñecidos.
O PERFIL
Avelino Pousa Antelo naceu na Baña en 1914. Foi afiliado ás Mocidades Galeguistas, tomando parte na propaganda do Estatuto de Autonomía de 1936. Agrarista e cooperativista, colabora coas sociedades agrarias barcalesas. En 1946 comenza a súa andaina na Misión Biolóxica, para despois dirixir a Escola Agrícola da Granxa Barreiros. En Tenerife e Zaragoza traballará como técnico en dúas empresas gandeiras. Regresou a Galicia en 1970. Actualmente, é presidente da Fundación Castelao, vicepresidente da Fundación Fernández Flórez e vogal das fundacións Pedrón de Ouro e Alexandre Bóveda. Este sábado recibirá en Teo o título de fillo adoptivo deste concello, onde leva residindo máis de 15 anos.
POUSA ANTELO, HIJO ADPOTIVO DE TEO EL DÍA 24.
El nombramiento se decidió en pleno y la entrega será en el Pazo de Adrán
El Ayuntamiento de Teo ultima los preparativos para el acto de nombramiento de hijo adoptivo del municipio de Avelino Pousa Antelo. El acto público se celebrará el sábado, día 24, a partir de las cinco de la tarde en el pazo de Adrán (Calo) y contará con la presencia del presidente del Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, que hará una loa del homenajeado. Posteriormente, Avelino Pousa firmará en el libro de honor y el alcalde teense clausurará el acto.
Además, también se dará lectura al acuerdo plenario de la Corporación municipal y se celebrará una actuación del grupo A Quenlla y de las pandereteiras de la Asociación Rosalía de Castro de Cacheiras.
En el pleno en el que se decidió el nombramiento de Pousa Antelo, presidente de la Fundación Castelao, como Hijo Adoptivo de Teo se elogiaba la trayectoria y el prestigio, así como su militancia ideológica y su hondo compromiso con el Ayuntamiento de Teo. El alcalde de Teo, Martiño Noriega, señaló que la pretensión del Concello es que «las instituciones y personas que conocen a Avelino le puedan testimoniar su agradecimiento y admiración». La vinculación de Pousa Antelo con Teo es un realidad desde los años 90, cuando llegó a vivir a la urbanización Os Verxeles, donde ya existe un parque que lleva su nombre.
Intensa actividad
Pousa tiene una intensa actividad social con colectivos locales como Aspamite, Teenses pola Igualdade o los colegios del municipio o en la promoción de los actos dedicados al que fuera alcalde de Santiago, Ánxel Casal.
Una trayectoria como agrarista y político
Pousa Antelo nació en 1914 en Barcala, en el municipio de A Baña. Destaca por su trayectoria como agrarista, cooperativista, maestro, periodista, político y escritor. Desde muy joven se afilió a Juventudes Galleguistas y participó en la promoción del Estatuto de Autonomía.
TIERRAS DE SANTIAGO, 20/11/07
0 comentarios