Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

O luns día 3 de decembro, ás 20,30 horas, pleno extraordinario e urxente.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Celebrarase no Salón de Sesión do Concello de Pontecesures, coa seguinte Orde do Día:

1-Ratificación da urxencia da sesión.
2-Programa opoerativo rexional de Galicia de axudas FEDER dentro do EIXE 5 “Dexenvolvemento local e urbano”.
3-Proxectos que fomenten pactos, redes, asociacións e apoio ás iniciativas locais para o emprego, previstos no EIXE 2 do programa operativo “Adaptabilidade e emprego”.
4-Proxecto de orzamento municipal 2007.

Este concelleiro fai un chamamento para que asistan moitos veciños ó pleno. Teño á impresión de que vai ser unha sesión do máis interesante. O debate orzamentario sempre é moi útil para coñecer a situación do concello.

LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN

Máis sobre isto

4 comentarios

  1. Enxurro

    …”Este concelleiro fai un chamamento para que asistan moitos veciños ó pleno”…
    ¿para qué?
    …”Teño á impresión de que vai ser unha sesión do máis interesante”…últimamente tés impresións erróneas.
    …”O debate orzamentario sempre é moi útil para coñecer a situación do concello”
    ¿qué debate? ¿para coñecer qué..? ¿de qué concello?

    O setemisino saeu cagando leches, chegou á Curuxa cos espumarajos pola comisura dos beizos, semellaba un poseso, era como Alberto o de Anamari con “pepe o lebre” -cando foi da investidura-; decía pepe o da jarsía que neste pueblo non hai Partido Popular nin hostias, é unha verjonsa, marchei como vin, non me enterei dos presupuestos nin hostias; non hai partido popular en Cesures, cando estaba o rapaz de Condide aínda se debatía algúnha cousa, pero ahora con éste ¡NADA!, nin fai nin deixa facer -decía o acelerado ex-concelleiro.

    Responder
  2. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Efectivamente,”Enxurro”, o pleno foi visto e non visto. Lembrei aquelas verbas do ex compañeiro de corporación, Oscar Gerpe, que sempre dicía que no pleno dos orzamentos tiña que producirse sempre o debate estrela sobre a situación do concello. Votouse de menos o debate sí. Eu traía preparadas as miñas intervencións, pero se nadie quere debater….Outra vez será.
    Boas noites.

    Responder
  3. Tuso

    Non ten moito sentido debater cando se diga o que se diga o resultado final non vai variar. Sería falar por falar.

    Responder
  4. Cara de cona

    Sabariz calado, raro..raro…raro…Algunha sorpresa tera pronto…

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.