O sábado día 12 de xaneiro, Festa da Virxe Raíña dos Anxos en Carreiras.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O programa é o seguinte:

-Polá mañá gran disparo de bombas de palenque.
-A continuación alborada a cargo do grupo de gaitas «O Pedrón» de Padrón.
-Ás 12,30 horas, Misa Solemne na Igrexa de Pontecesures, cantada polo coro «A Barcarola».
-A continuación Poxa de Ramos no Campo da Festa e Sesión Vermouth a cargo da orquestra «Marbella».
-Ás 21,30 horas no Campo da Festa de Carreiras, gran verbena coas orquestras «Marbella» e «Jerusalén».

Haberá unha carpa no campo da festa e será servido, a media noite, un chocolate con churros para todos/as.
A Comisión de Festas Veciñal organizadora dos actos agradece a colaboración dos veciños e das casas comerciais.


4 comentarios

cockydaponte · 11-01-2008 a las 08:28

Pois nada, simplemente poñer en coñecemento de todos, xa que esta entrada vai adicada a actos sociais…que o vindeiro venres 8 de febreiro haberá un campionato de truco no centro social de A Ponte. Deixo aquí o link para que vexades o cartel e que, na medida do posible, o transmitades á maior cantidade de xente.
Paralelo ó campionato haberá un concurso de disfraces, recibindo tódolos que se acheguen disfrazados un agasallo.

http://www.fileden.com/files/2007/7/2/1231530/CARTEL%20TRUCO%202.pdf

Tiroliro II · 12-01-2008 a las 17:43

Me dixeron que o bloque con angueira a cabeza formou algo de lío para botarlle a comisión como un can contra Maribel.
Da Comisión leva a voz cantante a da Vea de Carreiras, que foi na lista con Angueira porqué lle meteu pola cara á irmá no obradoiro ainda que vive en Padrón….agora aproveitanse dela para atacarlle a Maribel que ten moitos enemigos en Carreiras…non sei que lío houbo cunha area para botarlle ó campo.
En Carreiras as divisións de sempre, Xurxo o Gasoil vendendo motos…Angueira por atrás, Randulfe anduvo polo medio, as Carrizas….Salvador o da tienda de comentarista..os Touróns…

Cara de cona · 12-01-2008 a las 19:50

Sí en Carreiras decían nestes días que Maribel era unha sirvenguenza e que a area foi botada no campo gracias a Randulfe que pasou dela e consiguiu que quedara liso o campo, o lío entre o home dos bigotes e a da escola e gordo, non chegan xuntos ás festas do carmen, non se poden ver…..
Saba, non te metas nese rollo, vaite de aí pronto, xa cho dixen moitos veces, que se joda o mundo..vaite para a casa, non atures a eses politiquillos que o único que queren e coller o machito e vivir ben. Angueira quere soldo e vivir de puta madre, a da Escola igual, onde vai estar mellor, e Randulfe o mesmo, cobrar e estar no concello cando lle sale dos huevos…e tí preocupándote,,,que lle den polo saco home…manda a todos ó carallo….

Becquer II · 16-01-2008 a las 18:00

Fueron muchos ediles
por figurar hubo piñas
hasta vieron a Baliñas
dicen los «correveidiles»

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.