II Feira de Abril e II Concentración Cabalar de Pontecesures
A Asociación de Hostelería de Pontecesures, coa colaboración do Concello, está a ultimar os preparativos da «II Feira de Abril» e «II Concentración Cabalar » que se levará a cabo o vindeiro sábado 19 de Abril.
As actividades comenzarán a partir das 16:30 da tarde coa apertura da carpa na zona portuaria. A esa hora empezarán a chegar os cabalos e carrozas para realizar un percorrido polas rúas do pobo. De seguido comenzarán as actividades folclóricas a cargo dos grupos «MIGUEL Y TRIANA», «LOS CAIRELES DE VIGO», e un toque de humor coa representación do grupo «OS MALDADOS» de Padrón.
Unha vez rematado o programa de actuacións, a festa continuará nos locais organizadores ata a madrugada. Cafetería NU-2, VÍCTOR GARCÍA, LA SAL, LA TENTACI?N DE BES, BAILA CONMIGO, LA NOCHE E KOMPLO, que ofrecerán unha degustación gratuita con cada consumición de «Manzanilla» ou «rebujito», bebidas típicas andaluzas, durante toda a xornada.
Servizo de barra coa degustación de pinchos e bebidas típicas andaluzas , sorteo de un mantón de manila, e unha ambientación evocadora ás terras do sur, complementarán as actividades desta feira que, en previsión das condicións metereolóxicas, celebrarase baixo unha gran carpa.
Queremos dende este medio, animar a veciños e visitantes a participar nesta festa, agradecerlle aos moitos que están preparando o vestuario para a ocasión e aos participantes na concentración cabalar a súa presenza, e como non, un agradecemento especial ao Concello de Pontecesures, e á Diputación de Pontevedra, pola súa colaboración. [photopress:100_5869_web.JPG,full,centered]
0 comentarios