Cesures e a súa cor especial.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Os hostaleiros celebraron a súa particular Feira de Abril ó son da música andaluza e con sabor a manzanilla.

A zona portuaria de Pontecesures encheuse de cores o pasado sábado día 19 para celebrar unha Feira de Abril un pouco pasado por auga pero na que non faltou a alegría, imprescindible nesta festa. Os vestidos de “faralaes” triunfaron entre os veciños da vila, que bailaron ó son das sevillanas e demostraron a “arte andaluza” que corre polas súas venas a pesar de vivir no norte da península. A segunda edición deste evento, organizado pola asociación de hostaleiros, foi todo un éxito de participación e incluso os coches de cabalos se uniron á cita percorreron algunhas das rúas. E para animarse e quentar o corpo, nada mellor ca un “rebujito” e uns vasiños de manzanilla.

Os cesureños sacaron o abanico, os sombreiros e os traxes de lunares.
Non todo ía ser lamprea en Pontecesures, e por iso os hostaleiros decidiron celebrar a súa particular versión da Feira de Abril sevillana. Varios grupos musicais encargáronse de levar á beira do Ulla os sons andaluces, mentres que os humoristas se reencarnaban en Isabel Pantoja e o seu amado prisioneiro Julián Muñoz. Os bailes e as risas estiveron asegurados.

Especial “O Salnés Siradella”. DIARIO DE AROUSA 27/04/08


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.