III Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo. Participa a cesureña Adriana Rivas Seijo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A Asociación Cultural Vista Alegre organiza o III certame de gaiteiros solistas Manuel Dopazo, O certame celebrarase o día 11 de maio no Auditorio de Bandeira-Silleda cun premio para o gañador que ascende a 1.500 euros, haberá 700 euros para o segundo clasificado e 500 euros para o terceiro. Asimesmo, darase un premio especial de 750 euros para aquel autor que interprete, coa maior aproximación ó estilo de Dopazo, unha das obras recopiladas no disco titulado “Manuel Dopazo, Crónicas Porteñas” editado por Ouvirmos e o Consello da Cultura Galega (Arquivo sonoro de Galicia). Este premio é compatible cos outros tres.
A cesureña Adriana Rivas Seijo, do grupo folclórico Algueirada de Pontecesures, participa, de novo, neste concurso. Non dubidamos que o vai facer ben.

Categorías: CulturaSociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.