Esta noite tentaron entrar na Capela do Pilar de San Xulián.
Esta pasada noite un ou varios descoñecidos/as, tentaron entrar na Capela do Pilar en San Xulian (capela do século XII que foi restaurada hai sete anos). Cunha «pata de cabra» pretenderon forzar as portas e entrar no templo. Tanto a porta principal como a lateral presentan danos. Son portas de madeira moi consistentes e os agresores non lograron forzalas.
A Policía Local fixo unha reportaxe fotográfica cos danos e hai unhas horas representantes da Asociación de Veciños de San Xulián presentaron a correspondente denuncia no Cuartel da Garda Civil de Valga.
1 comentario
o chiquitas · 16-06-2008 a las 22:11
pois si que seria unha pena, que lograran entrar na capilla,dende logo ahi xentiña para todo.ahora todo vale.