ULTIMOS PARTIDOS DA TEMPORADA 2007-08 DO CLUB BALONCESTO RIO ULLA
Esta vindeira fin de semana o club baloncesto Rio Ulla despide a tempada 2007-08 cuns partidos para os mais cativos.
Escolas de Valga e Pontecesures
Momentos do partido entre as 2 escolas
Escola de Pontecesures Escola de Valga
Así, na tarde do venres 20, no polideportivo de Baño (Valga) a partir das 17 h. as Escolas Municipais de Valga e Pontecesures enfrentaronse nun partidillo que servirá para poñer fin a esta actividade deportiva dirixina a nenos e nenas de entre 6 e 9 anos. Para moitos deles vai ser a 1ª ocasión na que xoguen un partido de baloncesto, logo de estar entrenando dende finais de 2007. Tanto unha escola coma a outra contan cuns 15 nenos/as inscritas cada unha, e son a canteira da que se nutren os distintos equipos do club Rio Ulla.
Posteriormente o sábado 21, no polideportivo de Baño despedirán a temporada as nenas infantis, que xogarán seu derradeiro partido da temporada, e se despiden cun amistoso contra o equipo do Cortegada Extrugasa de Carril. A hora deste partido é as 11 da mañá, e será o derradeiro do club por esta temporada.
Agora quedan 2 meses de vacacións por diante, ate que a finais de agosto o club retome a sua actividade.
0 comentarios