O Santiaguiño do monte 2008. Volta ás orixes
En poucos días celebrarase a 44 edición da romaría enxebre do Santiaguiño do Monte que se celebrará durante os vindeiros 24, 25 e 26 de Xullo. O deseño do cartel das festas tomouse dun óleo do pintor madrileño afincado no Bierzo Celedonio Guijorro, no que se representan dous gaiteiros e que cedeu desinteresadamente para tal evento.
O día 24 terá lugar a 39 edición do tradicional derbi asnal polas rúas da Vila, con importantes premios en metálico para os participantes. Pola noite grupos de gaiteiros e charangas animarán ata altas horas da madrugada as rúas e prazas da Vila.
O venres día 25 de xullo, día grande das festas, mesturaranse os actos festivos cos relixiosos do culto a Zebedeo, o fillo do Trono, este ano recuperarse as orixes da romaría, converténdose a xornada nunha exaltación do folclóre con concurso de gaiteiros solistas e concurso por parellas de baile galego, con premios importantes para os participantes, concursos organizados polas agrupacións folclóricas O Pedrón e Rosalía de Castro en colaboración cas concellerías de Festexos e Cultura do Excmo. Concello de Padrón.
Pola noite a partires das 23: 00 horas na Praza de Macías terá lugar a Noite folk ca actuación gratuíta dos grupos: Pradairo, Leilía, Festicultores e Grupo de Regueifeiros..
O sábado 26 terá lugar a partires das 22: 30 horas a actuación de Carmen Dor na Praza de Macías.
O Concello de Padrón, a traverso das Concellerías de Festexos e Cultura, fai unha invitación pública a participar nas festas do Santiaguiño co compromiso de recuperación das nosas costumes, tradicións e folclore.
0 comentarios