X Carreira Pedestre Lestrove 08.
Terá lugar o sábado 30 de agosto a partir das 18:15 con saída e meta na Devesa, xunto ó novo polideportivo de F.P. de Padrón.
En homes haberá 7 categorías: A de o a 11 anos, C de 12 a 14 anos, E de 15 a 17 anos, G de 18 a 24 anos, I de 25 a 37 anos, K de 38 a 49 anos, e L de 50 en diante.
En mulleres haberá 5 categorías: B de 0 a 11 anos, D de 12 a 14 anos, F de 15 a 17 anos, H de 18 a 37 anos e J de 38 anos en diante.
O percorrido será de 150 m. para os pitufos de o a 5 anos con saída ás 18:15 horas; de 780 m. para as categorías A e B, de 6 a 11 anos con saída ás 18:30 horas, 2.160 m. para as categorías C, D e F con saída ás 19:00 horas, e 8.880 m. para o resto das categorías con saída ás 20:00 horas.
Como premios haberá 350 camisetas, medallas para tódolos pitufos, trofeo de Sargadelos para os tres primeiros da xeral, trofeos para os primeiros das restantes categorías, trofeo ós tres primeiros equipos (puntúan 4 atletas), trofeo ó 1º e 1ª local de cada carreira, e trofeo ó máis veterano.
O avituallamento será abondoso na liña de meta con naranxa, mazá, iogur, auga e bebida isotónica.
Inscricións en www.asumu.es
Información: e-mail josemanulestrove@yahoo.es Tfno: 981-810919
Organiza a Asociación de Veciños de Lestrove, e colabora o Concello de Dodro, Náutica A Poutada, New Balance, Coca Cola, Protección Civil de Rois e Radio Valga.
0 comentarios