Nueve8seis, un grupo con identidad provincial en Valga.
O grupo pontevedrés está a percorrer Galicia logo do éxito acadado na súa posta de longo a nivel nacional.
O espazo festivo por excelencia no concello de Valga é o Parque Irmáns Dios Mosquera, que se atopa a carón da estrada N550 e alí van ter lugar os actos centrais da XX Festa da Anguía e XVIII Mostra da Caña do País que se celebra esta fin de semana, como é habitual.
Aínda que a cita gastronómica propiamente dita é mañá, esta noite é o turno da música. Como cada ano, coñecidos intérpretes de ámbito nacional e internacional pasan polo escenario valgués, como foi o caso de Ráfaga, La Unión, Milladoiro, Luar na lubre ou Los Secretos, entre outros, pero nesta edición a organización decidiu que non fose só unha única actuación, senón varias. Deste xeito, Pimpinela, a cantante local María (finalista de Son de Estrelas), Son Pasión de Gavilanes, e incluso unha selección dos mellores musicais deleitarán ao público con distintos estilos musicais.
Comezo. Pero os encargados de dar o pistoletazo de saída a esta gala van ser a agrupación da cidade do Lérez Nueve8seis, que están a percorrer Galicia co seu primeiro traballo discográfico, que leva por título ??Casualidad? e que xa se pode adquirir en distintos puntos de venda da cidade de Pontevedra.
Chegan dende Pontevedra coa forza e enerxía que xa amosaron cando participaron no concurso organizado para escoller á canción que representaría a España no certame musical europeo. Así, dos máis de 400 intérpretes, Nueve8seis quedaron entre os 50 primeiros, o que demostra a calidade que o grupo está a ofrecer por toda Galicia cunha xira na que presentan o seu primeiro single, ??Quiero?.
??Casualidad?, un traballo que sae ao mercado con once temas de pop e rock así como un videoclip que poñen de manifesto o lonxe que pode chegar esta formación.
DIARIO DE AROUSA, 30/08/08
0 comentarios