A Mina Mercedes e o Parque Irmáns Dios Mosquera, en Valga, acollen aparellos para a práctica deportiva.
Logo dunha boa comida toca poñerse en forma
Agora a cuestión económica xa non é escusa para deixar de facer ximnasia, alomenos en Valga, onde dende hai uns meses unha serie de aparellos están instalados no Parque Irmáns Dios Mosquera, moi preto do Consistorio, para que todos aqueles que se acheguen ata alí poidan facer exercicio físico completamente de balde e nun espazo ao aire libre.
Bicicletas estáticas, levantamento de pesas ou exercicios de musculación son só unha mostra das distintas actividades fisicas que se poden realizar nestas instalacións, que durante todo este verán recibiron xa a visita de moitos veciños que polas tardes, pero especialmente á noitiña, ían pasear polo parque valgués, cando o tempo acompañaba, ben para realizar as coñecidas ??rutas do colesterol? por prescripción médica, sobre todo aqueles aos que os facultativos lles recomendaron andar, ou ben por simple lecer.
Estrea > Pero esta non é a única instalación deste tipo que se pode atopar no municipio xa que, á marxe do ximnasio municipal, que se atopa a carón do pavillón polideportivo municipal de Cordeiro, tamén na Mina Mercedes, en Campaña, se poden realizar actividades físicas ao aire libre, sempre e cando o tempo o permite. Deste xeito, neste lugar os aparellos ximnásticos xa levan instalados máis dun ano, de aí que a Corporación Municipal decidise, logo do éxito que colleitou a iniciativa, extendela a outros lugares do concello, sobre todo aqueles que contan cunha habitual visita de veciños e visitantes que queren pasar uns minutos nestas zonas.
Polo tanto, agora xa non hai escusa que valla para estar en forma e manter así unha vida sá, con exercicio ao aire libre e de balde, a non ser as malas condicións climatolóxicas, como as destes días.
DIARIO DE AROUSA, 07/09/08
0 comentarios