Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Comezo do curso escolar no CPI Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Con horario de 9:05 a 14:05 comeza o xoves día 11 de setembro o curso escolar 2008/2009 para os alumnos de educación infantil e primaria.
O día 18 de setembro comeza tamén o curso para os alumnos de secundaria. Durante o mes de setembro terán o mesmo horario. A partir do outubro pasarán ó horario de inverno (mañás de 9:05 a 14:45 horas e a tarde do mércores de 16:45 a 18:25 horas). O día 18 os alumnos de secundaria só terán a presentación que será ás 12:00 horas.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.