Instalado un novo marcador electrónico no polideportivo de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Na tarde do venres día 17 instalouse este novo marcador subministrado pola empresa Mondo Ibérica. Na colocación foi necesaria a intervención dun elevador de Grúas Estación.
O custo do marcador é sufragado integramente pola Deputación Provincial de Pontevedra e o grupo de goberno local quere mostrar a súa satisfacción polo logro conquerido agradecéndolle o subministro ó organismo provincial.
O marcador era unha necesidade fundamental e así o viñan demandando os usuarios do recinto deportivo. Lémbrase que hai uns meses solicitouse unha subvención á Consellería de Cultura e Deporte pero non foi concedida por este órgano da administración autonómica.
O novo marcador xa estará operativo nos encontros de baloncesto que terán lugar este fin de semana.
Dase así a “xubilación” ó vello marcador que fora instalado no pavillón nada menos que en 1988. Testemuña de moitas batallas deportivas inesquecibles, o marcador presentaba moitos problemas nos derradeiros tempos. De tódolos xeitos, vaise tentar o seu arranxo para que sexa a alternativa nalgúns adestramentos ou encontros amigables.


2 comentarios

Cara de cona · 18-10-2008 ás 18:43

Moi ben polo goberno conseguindo o marcador…randulfe saca peito…os votos do BNG decrecen e decrecen….a consellería de Bugallo nega un simple marcador…e traeno a deputación…cecilia checha…que dis agora..? a quen lle poñemos a placa?…jo…jo…jo,..

sobreiras · 19-10-2008 ás 01:18

E de ben nacidos ser agradecidos, polo tanto dar as gracias a Deputación e ao Sr. Randulfe por este logro, un máis. Os noso clube de baloncesto ben merecido o ten.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.