O EXTRUGASA INICIA A NOVA TEMPADA CUNHA SUFRIDA VICTORIA NA CASA: 51 – 49 ANTE O CB GROVE
EXTRUGASA RIO ULLA = 51 Gulli (5), Peñaño (3), Diego (2), Pedrito (-), Pino (6), Nacho (17), Santi (-), Arturo (3), Felipe (-), Pepi (16).
CB GROVE DEMARPA = 49 1ª victoria conseguida con moito sufrimento e emocion ata o final, neste retorno á 1ª división arousana do Extrugasa, nun partido duro e con moito que pitar, e onde houbo que presenciar coma cando o partido remataba, nun pase largo de ggulli a Pedrito quedando 3 segundos e que era a forma de rematar o encontro e asegurar a victoria local, sen vir a conto saleu do banquillo visitante un dos seus xogadores, e o agrediu a Pedrito, que se levou un forte golpe logo do ??castañazo? que recibiu.
Deciamos que pasaran moitas cousas, un partido de moitos contactos e decisións arbitrais bastante discutidas e sorprendentes a veces. Un equipo, o Extrugasa que ten que dar mais de si e non cometer erros iNfantis que lle costaron canastas (2 ou 3) que nun partido tan igualado pudo ser a derrota; e que ten que acostumbrarse a xogar contra estes equipos a un ritmo maior e mais concentrados. Pero outras cousas non cambian e por exemplo Nacho nas zonas voltou a ser unha vez mais protagonista dende que entrou ós 90 segundos, logo de pitarlle a Arturo 2 faltas seguidas. Así Nacho mantiña con vida ó Extrugasa, pois os 5 primeiros puntos foron seus (min 5: 5 ?? 9). Mellorou o equipo na 2ª metade do primeiro cuarto, e logo dun parcial de 7 ?? 3, 5 puntos de Pepi e 2 de Nacho, remata o mesmo cun empate a 12.
No inicio do 2º cuarto seguia sendo Nacho con 7 puntos mais o que mantiña con vida ó equipo (min 15: 19 -20) e co equipo descentrado entre as faltas de Peñaño e as decisións arbitrais. Non estaba sendo o dia para os lanzadores exteriores (0 de 12 en triplas) polo que se chegou ó descanso perdendo 25 ?? 26. Foi o 3º cuarto, cando o equipo fixo os mellores minutos de baloncesto: cunha boa defensa, mellorouse no ataque: cun xogo mais fluido creouse mais peligro por parte de todos, non so de Nacho e Pepi. Logrouse acadar neste cuarto un parcial de 18 ?? 9, que lle supuxo a máxima diferencia ó seu favor: 8 puntos por riba e no marcador un 46 ?? 35 quedando o cuarto definitivo por xogar. Iniciouse o ultimo parcial e logo dun
4 comentarios
O Rei · 20-10-2008 a las 21:39
Vexo que comezades ben, pois a seguir así. Poderías informar un pouco sobre o equipo este ano, Fru? Non vexo a Cachote, volve Arturo e supoño que teredes algún xogador máis, ata 12.
Apertas
fru · 20-10-2008 a las 23:24
Poucas novidades hai que informar: os mesmos 12 que lograron o ascenso a tempada pasada, mais a incorporación de Arturo.
Si dixen ben, agora hai 13 xogadores fichados, pois a federacion galega, por petición dos clubs zonais, autorizou ata 15 fichas por equipo senior zonal. Esto xa se fai ata os cadetes, e en senior zonal o razoamento é que moitos equipos tiñan 12 pero a moitos partidos só podian levar 7-8 xogadores (traballos, outras actividades, etc). Ademais hai equipos que tiñan xente de sobra para un equipo, pero non lle chegaba para ter 2 equipos.
ASí cada semana haberá que facer «descartes» para levar 12 convocados. No noso caso esta semana Cachote tiña un viaxe lonxano e xa foi a baixa. Para a semana, polo menos, co golpe que lle diron a Pedrito está o descarte feito tamén…
Ata outra.
O Rei · 20-10-2008 a las 23:50
Pero tanto foi o golpe?
fru · 21-10-2008 a las 00:06
Rodillazo que impacta no hombro ó querer esquivalo, e ten que telo inmovilizado esta semana, pois apenas o move. Hoxe á tarde visita á Rosaleda e venres nova revision. Calculo que, logo de que hoxe as placas non viran nada roto, ata finais da proxima semana non entrenará, asi que este e o seguinte partido non creo que xogue…