Xornada do arcebispo en Pontecesures.
Unhas 50 persoas recibiron o arcebispo na Capela do Pilar de San Xulián ás 11:00 horas do día de hoxe. Chegou na compaña do Vicario, e recibiu a benvida dos párrocos de Pontecesures e Iria, da alcaldesa e doutros representantes da corporación municipal, e tamén de representantes de asociacións do muncipio.
Pronunciaron unhas verbas de benvida, o párroco Arturo Lores, a alcaldesa, Maribel Castro, o representante da Asociación de Veciños de San Xulián, Juan Porrúa, e a representante do Coro da Barcarola, Avelina Cordo.
Despois de lembrar no acto o propio párroco ós representantes da asociación «Virgen de los Ángeles» de Carreiras, da asociación «San Roque» de Porto, e da de amigos do Corazón de Xesús de Pontecesures, a comitiva dirixiuse a pé ata a Igresia Parroquial onde Julián Barrio pronuciou unhas verbas a catequistas e nenos da catequese. En nome dos 16 catequistas, Dosi, deu a benvida á autoridade eclesiástica en nome de todos eles, e de seguido celebrouse a misa de 12.
Pola tarde e despois do encontro con maiores e enfermos, tivo lugar ás 18:00 horas a misa onde se confirmaron uns 25 xoves e adultos de Pontecesures e comarca. A misa solemne, cantada polo Coro «A Barcarola», foi concelebrada polo propio arcebispo, o Vicario do Arcebispado, o Párroco de Pontecesures, Arturo Lores, o Párroco anterior, Severino Potel, o Arcipreste da Diócese de Iria e Párroco de Campaña, Manuel Míguez, e o crego cesureño, Pepe Bande. O templo estaba cheo con aistencia de moitos familiares dos confirmados/as.
1 comentario
"Ad hoc" · 14-12-2008 a las 22:34
Entendo que se trata de omisión involuntaria, tamén estuvo presente o señor cura párroco de Padrón don Roberto Martínez Díaz, (mestre de teoloxía no ITC e ex-párroco de San Estevo de Covas en Ames) quen estuvo presente ata mediada a celebración, retirándose despois da homilía, a bon seguro polas súas obrigas.