O MARTES 23 DE DECEMBRO,A ORQUESTRA CINEMA ESTARÁ EN PALCO DE ESTRELAS DE RADIO VALGA

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. o

Este martes 23 de decembro, sobre as 22h., no programa “Palco de Estrelas”, dirixido, producido e presentado por Daniel Seijas, estarán varios compoñentes da orquestra Cinema, coma Alberto Dopico, recoñecidisimo vocalista e moi coñecido polo seu papel de “Sito” na serie da TVG “Libro de Familia”. Falarase da orquestra, dos cambios e da nova xira 2009.

Hai que recordar,que durante a época de Nadal, o programa emprezará as 20h., e os dous últimos xoves, por ser festivo, o programa adiantarase o martes 23 e martes 30 de decembro, despois do Nadal, no horario de sempre, os xoves dende as 19 horas.

Categorías: Cultura

1 comentario

DANIEL SEIJAS S.L. · 22-12-2008 ás 22:57

Debido a causas de forza maior, os membros da orquestra Cinema non poderan estar este martes 23 en Radio Valga,e si non hai novidade estarán con nos o martes 30 de decembro.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.