O coro da «Barcarola» cantou onte panxoliñas polas rúas e bares de Pontecesures.
Dende ás 18:30 ata as 21:30 horas da tarde de onte, día de Nadal, máis de 25 integrantes do coro desta asociación cesureña cantou panxoliñas polas rúas e os bares de Pontecesures, tentando de recuperar a tradición de hai moitos anos onde grupos de veciños cantaban estas panxoliñas polas rúas o día de noiteboa.
Os integrantes do coro, vestidos de Papá Noel na súa maior parte, foron moi ben recibidos e moi aplaudidos polos veciños, considerándose como un gran éxito esta iniciativa.
A Barcarola quere agradecer este recibimento e os donativos recibidos nunha tarde fría pero de gran alegría para todos.
5 comentarios
estudiante · 27-12-2008 a las 10:19
Me dixeron que ti Sabaris tamén ibas no medio cantando e facendo de comediante, porque cantar non si pero facer de comediante dáseche ben. Ficha na Barcarola home que por ahí tes o futuro.
Luis Angel Sabariz Rolán · 27-12-2008 a las 12:27
¿Estás contento co chiste, «estudiante»?. Se es feliz ridiculizando así as persoas, pois disfruta. Os numerosos visitantes a este medio xulgarán o teu comentario e o seu interese.
Un saúdo.
gallardo · 27-12-2008 a las 14:58
a miña valoracion do comentario de estudiante e sobresaliente…bo chiste jaja
manolo o do bombo · 27-12-2008 a las 19:38
O que me perdin ,ver a Sabariz de comediante,lastima de non sacarlle unha foto.
Vaticanista · 28-12-2008 a las 18:56
Non vos metades co coro, que xa son 33 como a idade de Cristo, a única que desentona un pouco e a alcaldesa, ten que tomar máis claras de ovo para mellorar as cordas, e non berrar tanto os veciños que estan cansos de aturala.