A avoa dá as grazas e agora espera compaña no Belén de Valga.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os nenos son os que máis gozan coa figura de ??Dios o paghe?.

O Belén Artesanal de Valga conta dende hai uns anos cunha figura peculiar e da que os seus creadores poden presumir. ??Dios o paghe? é unha señora maior, que perfectamente podería ser calquera veciña do concello, que se atopa á saída das instalacións belenísticas.
A avoíña foi bautizada con ese nome polos que acoden a ver o resultado de varios meses de traballo, xa que fai referencia á frase que di cando alguén lle entrega dalgunha doazón económica no peto que sostén entre as súas mans, dando as grazas con esa expresión tan popular, ??Dios o paghe?.

Sorpresa.
Pero a avoa do Belén xa ten dado máis dun susto. Hai uns tres anos, cando a Asociación que se encarga de levar este proxecto adiante, ??Amigos do Belén?, creou a figura desta velliña, houbo a quen lle fixo pegar un chimpo da sorpresa que levou posto que ninguén esperaba que a mulleriña se inclinara para facer un xesto de agradecemento e falar, tal e como facían noutrora.

Deste xeito, cando unha persoa vai ver o Belén Artesanal de Valga atópase cunha enorme montaxe con bonecos, casiñas, centros de traballo, etc, en movemento pero unha vez que se dispón a saír, aí está unha señora maior, ataviada como as avoas o facían antigamente: co seu paniño á cabeza, chambra, saia, medias e zapatillas negras, e sen esquecer a obrigatoria capa de punto, como aínda se poden atopar nalgunhas casas, sobre todo do rural galego.

Pero se hai algo que caracteriza a moitas avoas son as gafas que lle permiten así coñecer e agradecer ben a quen se achega a facer entrega do donativo económico.

De todos os xeitos, os que mellor o pasan son os cativos, que non perden a oportunidade de botar algúns euriños no peto para facer falar e mover a ??Dios o paghe?.

DIARIO DE AROUSA, 07/01/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.