Sorteo para substituir unha integrante dunha mesa electoral dos comicios do 1 de marzo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Como a Xunta Electoral de Zona de Pontevedra admitiu a excusa da suplente 1ª do 1º vogal da Mesa B da Sección 2ª, Angela Monteagudo Bernárdez, mañá venres día 13 de febreiro ás 9:30 horas terá lugar na Casa do Concello un sorteo para a súa substitución. Están convocados a alcaldesa, Maribel Castro, e os voceiros dos grupos políticos, Manuel Luis Álvarez Angueira (BNG) e Rafael Randulfe Vieites (PP) para asistir a dito sorteo. Os non adscritos non teñen representación por non constituir grupo político.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.