Cea de entroido de “A Barcarola”.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Terá lugar en Casa Pachín de Taragoña, o sábado día 28 de febreiro, a cea da asociación cesureña de amas de casa “A Barcarola”. Haberá concurso de disfraces con 30 ? para o primeiro premio individual, e 60 para o primeiro premio de parellas. O prezo para asistir é de 27 ? para as socias, e 30 para as non socias. O prazo para a inscrición e o pago remata o 20 de febreiro na Parafarmacia de Pontecesures ou na Mercería Carmen.
O menú é o seguinte;
-Langostinos
-Ameixas á marinera
-Vitela estofada
-Postre, viños e barra libre


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.